Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación contínua do traballo autónomo do alumnado mediante a súa participación nas tarefas propostas na plataforma MooVi.
Os resultado de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
10 A1
B2
C14
C16
C20
C22
D11
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación mediante unha proba na que se avaliarán os coñecementos teóricos impartidos nas leccións maxistrais e as habilidades adquiridas nos seminarios. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e a súa contorna.
30 A1
B2
B5
C12
C13
C14
C20
C22
D7
D8
D11
Traballo Avaliaranse os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado na realización e estruturación do traballo así como a súa capacidade de exposición.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Elaboración de traballos básicos e de iniciación.
30 A1
B5
D1
D2
D4
Exame de preguntas obxectivas Avaliación mediante unha proba de preguntas curtas na que se avaliarán os coñecementos teóricos impartidos nas leccións maxistrais e as habilidades adquiridas nos seminarios. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e a súa contorna.
30 A1
B2
B5
C12
C13
C14
C20
C22
D7
D8
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade
necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as
probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase
a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma MooVi (UVigo) e
correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula. Docencia non
presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir amateria a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi,da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e será cualificada cun cero calquera proba ou exame no que se"copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (DLE-RAE).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). 

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo).

Aqueles alumnos/as que non se acollan á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e forma das tarefas propostas), serán avaliados dos contidos da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará o 30% restante. O devandito traballo deberá estar asignado, como mínimo,un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data fixada polo Centro para a súa realización en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción no mencionado art. 3.10); para superar a materia requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000