Guia docente 2024_25
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Introdución á historiografía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades orientadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado e a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición dos contidos da materia.
Eventos científicos Asistencia a actividades de temática transversal ou diversa organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia ou a Área de Historia Contemporánea
Traballo tutelado Traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado orientados ao achegamento aos instrumentos de recompilación de información e ás fontes propias da época contemporánea. Deberán estar asignados inexcusablemente antes do remate do primeiro mes do cuadrimestre.
Seminario Actividade enfocada ao traballo individual ou en grupo sobre un tema específico a partir de materiais de diversa natureza co obxectivo de afondar nunha selección de contidos de especial dificultade ou relevancia introducidos ou non nas sesións maxistrais.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades orientadas á resolución de problemas e/ou exercicios na aula relacionados cos contidos introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a resolución de forma autónoma de comentarios e composicións de texto histórico, mapas históricos e análise e interpretación de materiais gráficos, gráficos, vieográficos e filmográficos, etc.
Resolución de problemas Sesións orientadas á formulación de cuestións relacionadas coa materia nas que o alumnado, baixo a supervisión do profesorado, debe desenvolver as solucións axeitadas para a resolución do problema ou exercicio presentado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000