Guia docente 2023_24
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía humana
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación, por parte do profesor, dos contidos básicos da materia. Tratarase de incentivar a participación crítica e reflexiva do alumnado nestas clases teóricas
Obradoiro Como metodoloxía activa, realizaranse exposicións de traballos bibliográficos elaborados polos alumnos co obxectivo de profundar nas cuestións fundamentais dos temas da materia. Estas sesións darán lugar á participación, discusión e conclusións ás que teñen que chegar os asistentes ao seminario
Resolución de problemas Estas actividades estarán encamiñadas á explicación e resolución de exercicios prácticos na aula en consonancia e en función das clases teóricas: análise e interpretación de materiais gráficos diversos, cadros estatísticos, cálculo de índices e taxas, comentario de audiovisuais e manexo do TIC
Eventos científicos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Traballo tutelado Estas actividades están encamiñadas a potenciar o traballo en grupo. O estudante, en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia. Trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Seminario Adicarase fundamentalmente a orientar ao alumnado na realización do seu traballo autónomo ou en grupo. Prestarase especial atención aos aspectos relacionados coa planificación e organización das diferentes actividades prácticas, seminarios, etc.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000