Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Autenticidade Alimentaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== MODALIDADE MIXTA ===
Unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Nesta modalidade non se prevén cambios xa que o número de alumnos que normalmente cursa esta materia é o suficientemente baixo como para poder garantir as medidas de distanciamento social.
So se suprimirán as titorías presenciais e se sustituirán por titorías no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa a través do correo electrónico do profesor.

=== MODALIDADE NON PRESENCIAL===
Toda a docencia se realizara mediante as ferramentas habilitadas no Campus Remoto da Universidade de Vigo.

1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
1.1. SESIÓN MAXISTRAL: os contidos teóricos impartiranse mediante as ferramentas habilitadas no Campus Remoto da Universidade de Vigo. Ao finalizar cada tema entregaránselle aos alumnos boletíns de cuestións para afinzar os contidos teóricos expostos.
1.2. PRÁCTICAS DE LABORATORIO: sustituirase a realización de prácticas de laboratorio presenciais por videotutoriais explicativos das prácticas que se porán a disposición dos alumnos a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Unha vez visualizados os vídeos os alumnos deben responder a un cuestionario.
1.3. ESTUDOS DE CASOS: non se prevén cambios nesta metodoloxía. Para a presentación oral ao resto de compañeiros empregaranse as ferramentas dispoñibles no Campus Remoto da Universidade de Vigo.

2. AVALIACIÓN:
2.1. FIN DE CARREIRA: o examé suporá o 100 % da nota.
2.2. FIN DE BIMESTRE: a avaliación levarase a cabo tendo en conta as puntuacións acadadas nos boletíns de exercicios (30 % da nota), cuestionarios de prácticas (30 % da nota) e os estudois de casos (40 % da nota)
2.3. SEGUNDA OPORTUNIDADE: o examé suporá o 100 % da nota

3. TITORÍAS: as titorías levaranse a cabo no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa a través do correo electrónico do profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000