Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Tecnoloxía Aplicada á Valorización de Residuos Agro-Industriais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Tecnoloxía Aplicada á Valorización de Residuos Agro-Industriais Código O01M142V01120
Titulación
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OP 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Rúa Rodríguez, María Luísa
Correo-e mlrua@uvigo.es
Profesorado
Fernández González, María
Fuciños González, Clara
Rúa Rodríguez, María Luísa
Web
Descrición xeral As encimas son proteínas imprescindibles en todos os sistemas vivos xa que catalizan as reaccións químicas necesarias para a súa supervivencia e reprodución. Dende hai anos sábese que tamén catalizan reaccións con substratos non naturais. Ademais desta característica, as encimas posúen unha elevada selectividade para recoñecer substratos, traballan en condicións suaves e, ao ser macromoléculas biolóxicas, non alteran o medio ambiente. Por tanto, non é estrano que estes biocatalizadores sexan xa unha alternativa aos catalizadores químicos e, de feito, patentáronse moitos procesos nos cales se utilizan como biocatalizadores para obter produtos dun alto valor engadido (xiropes de fructosa e glucosa, insulina, DOPA, leite libre de lactosa, lípidos estruturados para aplicacións especiais, etanol, etc). Nesta materia afondase nos procesos que permitirán ao alumnado comprender e deseñar estratexias encimáticas para obter produtos de alto valor engadido a partir de residuos agroindustriais: residuos de natureza proteica (soro de leite, industria do peixe ou da carne), residuos lignocelulósicos ou da industria das graxas e aceites, entre outros.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000