Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Nutrición
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou na aplicación de ideas, acotío nun contexto de investigación
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e de enfrontarse a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suízos.
  CB4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que os sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  CB5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou en mais campos de estudo
  CG2 Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, na compresión de estes, o seu fundamento científico e as súas capacidades de resolución de problemas en contornos novos e definidos de maneira imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados.
  CG3 Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa dos seus campos de estudos para formular suízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
  CG4 Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenrolo de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Saber integrar os principios básicos do metabolismo intermediario e o seu control encimático e endocrinolóxico
  CE2 Ter adquirido coñecementos do destino e da función das principais moléculas combustíbeis: glícidos, lípidos e proteínas.
  CE3 Ter adquirido e dominar o fundamento metodolóxico da cuantificación e da concentración e actividades hormonais
  CE4 Ter adquirido coñecementos avanzados sobre a estrutura, relacións e funcións dos órganos endócrinos, as hormonas e metabolitos
  CE5 Ser capaz de desenrolar réximes nutricionais para a intervención na patoloxía humana.
  CE6 Ser capaz de desenrolar réximes nutricionais de calidade hixiénico sanitaria
  CE7 Ser capaz de facer unha valoración da composición corporal
  CE8 Saber recoñecer o papel dos nutrientes (hidratos de carbono, lípidos, proteínas e minerais) abarcando o estudo dos procesos da dixestión, absorción e metabolización.
  CE9 Saber avaliar a relación entre hábitos alimentarios e a prevalencia de enfermidades crónicas
  CE10 Ser capaz de facer una valoración nutricional individualizada.
  CE11 Ser capaz de elaborar unha dieta controlada a partir de alimentos e recurso enerxéticos.
  CE12 Ser capaz de planificar dietas a nivel individual e colectivo en distintas situacións fisiolóxicas e/ou patolóxicas e de elaborar un menú-dieta axustado á idade, condición física, traballo, actividade e patoloxía específica de maneira concreta para un suxeito.
  CE13 Entender as principais pautas e indicacións da dieta nas patoloxías ambulatorias máis frecuentes, especialmente na diabetes e na obesidade, ademais da hiperlipemia, alteracións do metabolismo proteico, celíacos, metabolopatías de aminoácidos, etc.
  CE14 Ter adquirido coñecementos da regulamentación española e europea de manipuladores de alimentos
  CE15 Ter adquirido coñecementos das técnicas de conservación e envasado dos alimentos.
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
  CT2 Ter desenrolado a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do seu ámbito temático, en contextos interdisciplinarios e, no seu caso, cunha alto compoñente de transferencia do coñecemento (segundo BOE nº185 3/08/2011 páx. 87916
  CT3 Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenrolo profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000