Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Degradación e recuperación de solos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Seminario Durante os seminarios e as sesións maxistrais programados valorarase a participación activa e a calidade dos exercicios e respostas traballados durante as sesións.
A nota obtida durante estas sesións sumarase á do examen final.

Avalíanse o RA1 e RA2.
20
CB3
CB4
CG1
CG2
CE52
CE58
CT1
CT3
CT4
CT5
CT8
Traballo tutelado Valoraranse tanto a calidade do traballo como a participación de cada un dos integrantes. Tamén a claridade da exposición do traballo en grupo e a capacidade de comunicación de cada estudantes.

Avalíanse o RA1 e o RA2.
20
CB4
CG1
CG2
CT3
CT4
CT8
Prácticas de laboratorio Ademais da asistencia, na calificación terase en conta a actitude no laboratorio e o interese amosado. No exame de preguntas obxectivas haberá cuestións relacionadas coas prácticas. 15
CB3
CE52
CE58
CT1
CT4
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas tipo test (V/F) e de resposta múltiple no que se avaliará o coñecemento da/o estudante adquirido durante as sesións maxistrais, seminarios e clases prácticas. É preciso alcanzar unha nota mínima para aprobar a asignatura.

Avalíanse o RA1 e RA2
45
CB3
CB4
CG1
CE52
CE58
CT4
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O estudante poderá decidir se quere avaliarse de forma continua ou final. En ambos casos é obrigatoria a realizacñión do
exame final.

a) Avaliación continua: puntúase a participación e a calidade do traballo realizado polo estudante durante as sesións maxistrais, seminarios e prácticas e tamén se ten en conta a valoración do traballo tutelado e a súa exposición. Desta forma, a nota final da materia estará conformada por: exame final (45%) + prácticas (15%) + seminarios e clase maxistral (20%) + traballo tutelado (20%). É condición para este tipo de avaliación alcanzar
un 40% da nota do examen final para que o resto das probas poda ser contabilizada. Estas puntuacións terán validez ó
longo de cada curso académico e serán sumadas á da proba final, tanto na convocatoria oficial coma na extraordinaria. 

b) Avaliación final: non se realiza o traballo tutelado e non se teñen en conta as puntuacións obtidas durante as actividades de aula. A nota final do alumno estará conformada por: examen final (85%)+prácticas(15%). É condición para este tipo de
avaliación alcanzar un 59% da nota do exame final para poder superar a asignatura.  

Aquelas persoas que teñan motivos, previamente xustificados, que lles impidan asistir a mais do 15% das sesións
(maxistrais, de seminarios prácticas) serán avaliados mediante a realización dun traballo teórico consensuado co
profesorado responsable da materia e a mediante un exame final (proba tipo test). É preciso que alcance un 50% da nota
final do exame para que o a do traballo se lle teña en conta na nota final da materia. A nota final será o resultado da nota do
exame final (70%) e do traballo (30%). 

O estudantado que opte por examinarse en fin de carreria será avaliado únicamente co examen (que valerá o 100% da
nota). No caso de non asisitr a dito examen, ou de non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de
estudantes. 

Datas de exámenes: 

Fin de carreira: 03/10/19 ás 16:00h 

1ª edición: 08/11/19 ás 10:00h

2ª edición: 26/06/20 ás 10:00h 

En caso de erro na trascripción das datas de exámenes, as válidas serán as aprobadas oficialmente e publicadas no
taboleiro de anuncios e na web do Centro. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000