Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Degradación e recuperación de solos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Na calificación terase en conta a actitude no laboratorio e o interese amosado. No exame de preguntas obxectivas haberá cuestións relacionadas coas prácticas.
Avalíanse o RA1 e RA2.
20 A3
C52
C58
D2
D4
Seminario Valorarase a participación activa e a calidade dos exercicios e respostas traballados durante as sesións.
A nota obtida durante estas sesións sumarase á do examen final.

Avalíanse o RA1 e RA2.
25 A3
A4
B1
B2
C52
C58
D2
D3
D4
D5
D8
Traballo tutelado Valoraranse tanto a calidade dos traballos como a participación de cada un dos integrantes. Tamén a claridade das exposicións dos traballos en grupo e a capacidade de comunicación de cada estudante.

Avalíanse o RA1 e o RA2.
25 A4
B1
B2
D3
D4
D8
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas tipo test (V/F) e de resposta múltiple no que se avaliará o coñecemento da/o estudante adquirido durante as sesións maxistrais, seminarios e clases prácticas. É preciso alcanzar unha nota mínima para aprobar a asignatura.

Avalíanse o RA1 e RA2
30 A3
A4
B1
C52
C58
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse neste apartado da guía docente
distintas posibilidades de avaliación que se poderán aplicar en cada oportunidade: fin de bimestre/cuadrimestre, segunda oportunidade-xullo e fin de carreira. 

A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación continua. Quen desexe a Avaliación Global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicarllo á responsable da materia, por mail ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia. 

CONVOCATORIA
FIN DE BIMESTRE/CUATRIMESTRE E SEGUNDA OPORTUNIDADE-XULLO:

A persoa matriculada poderá decidir se quere ser
avaliada de xeito continuo ou global e debe comunicar á persoa coordinadora a
cal se acolle. Nos dous casos, aínda que con distinto peso
con respecto á nota final, é obrigatorio a realización dunha proba final de
tipo test. O detalle das formas de avaliación a escoller é
o seguinte:

a) Avaliación continua: puntúase a calidade dos traballos ou probas realizados polo/a estudante relacionados
cos seminarios e coas prácticas mediante a avaliación de diferentes achegas. Tamén
se ten en conta a valoración dun traballo tutelado e a súa exposición. Desta
forma, a nota final (NF) da materia estará conformada por: proba final (PF =30%)
+ prácticas (P=20%) + seminarios (S= 25%) + traballo tutelado (TT=25%). É
condición para este tipo de avaliación alcanzar un 50% da nota do exame final
para que o resto das probas podan ser contabilizadas. Estas puntuacións terán
validez ó longo de cada curso académico e serán sumadas á da proba final, tanto
na convocatoria fin de bimestre como na segunda oportunidade sempre que a
persoa matriculada así o exprese.

b) Avaliación global: non se realiza o traballo tutelado e non se teñen en conta as puntuacións
obtidas nas entregas dos seminarios. A nota final (NF) do alumno estará
conformada por: proba final (PF=100%) onde se responderá a preguntas relacionadas coa materia explicada durante as clases teóricas, os seminarios e as prácticas.   

CONVOCATORIA
FIN DE CARREIRA:

A persoa matriculada que opte por examinarse en
fin de carreira será avaliada unicamente co exame (que valerá o 100% da nota) do mesmo xeito que na avaliación global explicada anteriormente.  

Datas de exames: 

Fin de carreira: 21/09/23 ás 16:00h 

1ª edición-fin de bimestre: 10/11/23 ás
10:00h

2ª edición-xullo: 05/07/24 ás 10:00h 

En caso de erro na transcrición das datas de
exames ou modificación oficial posterior á elaboración desta guía docente, as datas
válidas serán as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e
na páxina web do Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000