Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Introdución á enxeñaría química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Realización dun exame de toda a materia, con cuestións sobre os conceptos teóricos.
RA1, RA2, RA3, RA4 e RA5
20 CG1
CE31
CE39
CT5
Resolución de problemas Realización dun exame de toda a materia, no que se plantexa a resolución numérica de casos prácticos.
Realizaráse conxuntamente co exame da metodoloxía "Lección Maxistral"
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
30 CB2
CG1
CG3
CE31
CT5
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación da resolución dos exercicios propostos feita e entregada polos alumnos a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
28 CB2
CG1
CG3
CE31
CE39
CT5
Prácticas de laboratorio Valoraráse a asistencia, actitude e aptitude no laboratorio.
Avaliaráse a memoria de prácticas, tratamento de datos en follas de cálculo e/ou o exame de prácticas.
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
22 CB2
CG1
CG3
CE31
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  1. É necesario aprobar o exame xeral de toda a materia, tanto a parte referida a "Lección Maxistral" como a referida a "Resolución de Problemas" (obter un mínimo de 5 puntos sobre 10). De non superarse esta cualificación mínima, a cualificación da materia será a que corresponde a este exame.
  2. É obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio e a entrega de material complementario (memorias, folla de cálculo co tratamento dos datos). A avaliación deste apartado incluirá aptitude e destrezas no laboratorio, calidade do material complementario entregado, e un exame. Deberá obterse un cualificación mínima de 4 (Base 10) en cada un dos tres epígrafes. No caso de ausencia debidamente xustificada á parte presencial en laboratorio o alumno terá a opción dun exame que incluirá parte teórica e parte práctica no laboratorio. En calquera dos casos, deberá obterse unha cualificación mínima de 5 niste apartado de "Prácticas de Laboratorio" (Base 10) para superar a materia.
  3. No caso de alumnos que non asistan á metodoloxía de "resolución de problemas de forma autónoma", terán a posibilidade alternativa de realizar un exame adicional, na mesma data que o exame xeral, que incluirá cuestións ou problemas relacionados cos aspectos da materia tratados nas entregas realizadas durante o curso.
  4. En xullo o alumno poderá optar por examinarse das partes do exame ou das metodoloxías que non superara na convocatoria de Xuño, ou ben daquelas que desexe superar a súa anterior cualificación obtida na convocatoria de Xuño. Asignaráselle a maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía.
  5. Aqueles alumnos que tendo feito menos do 30% da metodoloxía "resolución de problemas de forma autónoma" non se presenten aos exames, a cualificación que obterán será a de "non presentado". Nos demáis casos aplicarase a cualificación obtida seguindo as ponderacións e requisitos expostos.
  6. A comunicación cos alumnos realizaráse a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
  7. Aqueles alumnos que se presenten á convocatoria "Fin de Carreira", a súa cualificación corresponderá ca obtida no exame, que incluirá aspectos relativos a conceptos abordados nas clases expositivas, problemas e/ou exercicios resoltos en clase, exercicios propostos para realización fora de aula e posterior entrega, e prácticas de laboratorio.
  8. Datas oficiáis previstas para a realización dos exames: 6 de xuño de 2022 as 16.00 e 14 de xullo de 2022 as 16.00. A data para a realización do exame da convocatoria "Fin de Carreira" é o 29 de setembro de 2021 as 16.00. Ante posibles modificacións, comprobar as datas no taboleiro e na web do Centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000