Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Introdución á enxeñaría química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Realización dun exame de toda a materia. Incluirá unha parte relativa aos conceptos teóricos, e outra parte na que se plantexa a resolución numérica de casos prácticos 50 B1
B6
C1
C2
C4
C27
C29
C30
C35
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución autónoma, fora de aula, dos exercicios propostos. O alumno pode ter apoio/orientación nas titorías ou a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo 20 B7
B12
C1
C2
C4
C27
C29
C30
C35
Traballos de aula Consideraráse a resolución feita polo alumno daqueles exercicios ou cuestionarios propostos polo profesor para ser realizados na aula, que serán recollidos e avaliados. 10 B6
B7
C1
C2
C4
C27
C29
C30
C35
Prácticas de laboratorio Valoraráse a asistencia, actitude e aptitude no laboratorio. Avaliaráse a memoria de prácticas, tratamento de datos en follas de cálculo e/ou o exame de prácticas 20 B1
B6
C27
C29
C30
C35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  1. É necesario aprobar o exame de toda a materia (obter un mínimo de 5 puntos sobre 10). De non superarse esta cualificación mínima, a cualificación da materia será a que corresponde a este exame.
  2. É obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio  e a entrega de material complementario (memorias, folla de cálculo co tratamento dos datos). No caso de ausencia debidamente xustificada o alumno terá a opción de facer un exame de prácticas, que incluirá parte teórica e parte práctica no laboratorio, no que deberá obter unha cualificación mínima de 5 para superar a materia.
  3. No caso de alumnos que non asistan ás metodoloxías de "resolución de problemas e/ou exercicios" e/ou "traballos de aula", a parte da cualificación desas metodoloxías sumaráse á do exame de toda a materia. Neste caso, para estes alumnos o exame incluirá cuestións ou problemas adicionáis relacionados cos aspectos da materia tratados nas entregas realizadas durante o curso.
  4. En xullo o alumno poderá obtar por examinarse das partes do exame ou das metodoloxías que non superara na convocatoria de Xuño, ou ben daquelas que desexe superar a súa anterior cualificación obtida na convocatoria de Xuño. Asignaráselle a maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía.
  5. Aqueles alumnos que tendo feito menos do 30% das metodoloxías "resolución de problemas e/ou exercicios e/ou traballos de aula" non se presenten aos exames, a cualificación que obterán será a de "non presentado". Nos demáis casos aplicaráse a cualificación obtida seguindo as ponderacións e requisitos expostos.
  6. A comunicación cos alumnos realizaráse a través da plataforma de teledocencia de Universidade de Vigo.
  7. Datas oficiáis para a realización dos exames: 26 de Maio de 2016 as 10.00 e 1 de Xullo de 2016 as 16.00
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000