Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Degradación e restauración de ecosistemas acuáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase mediante a entrega (individual ou en grupos) de diferentes traballos ou informes solicitados durante o desenvolvemento dos seminarios e tamén mediante unha proba tipo test relacionada cos contidos dos seminarios.

Resultados de aprendizaxe previstos acadar:
RA1, RA2 e RA3
20 A3
B2
C12
C23
D1
D4
D9
Traballo tutelado Valorarase o desenvolvemento do traballo do grupo de forma conxunta, especialmente no referente a capacidade de recopilación, redacción e síntese da información obtida en relación coa temática seleccionada. En caso de que o traballo presente unha porcentaxe de
similitude superior ao 25% (mediante Turnitin), o traballo non será corrixido e a súa valoración será 0.

Resultados de aprendizaxe previstos acadar:
RA1, RA2 e RA3
10 A3
A4
B2
C1
C4
C6
C12
C23
D3
D4
D9
Exame de preguntas obxectivas As preguntas de proba tipo test serán extraídas dos aspectos máis notorios dos diferentes temas desenvolvido nas sesións maxistrais. As preguntas serán de resposta múltiple, só unha delas válida.
Para que se poida levar adiante a avaliación continua, é decir, o sumatorio dos méritos acadados nos distintos apartados, é
necesario alcanzar, polo menos, o 35% do valor da suma dos exames de preguntas obxectivas e de preguntas de desenvolvemento.

Resultados de aprendizaxe previstos acadar:
RA1, RA2 e RA3
40 B1
C1
C4
C6
C12
C23
D1
D4
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Actividade asociada á realización das tarefas propostas das sesións prácticas e na saída de campo.

Resultados de aprendizaxe previstos acadar:
RA1, RA2 e RA3
10 A3
B2
C1
C4
C23
D4
D5
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Levarase a cabo conxuntamente co exame de preguntas obxectivas nas datas oficiais de exame. O exame de preguntas de desenvolvemento estará constituido por preguntas curtas relacionadas coa temática da materia. Nas súas respostas, os/as estudantes deberán ser capaces relacionar, integrar e transmitir aqueles coñecementos que, en relación coas preguntas, obtiveran nas sesións teóricas.
Para que se poida levar adiante a avaliación continua, é decir, o sumatorio dos méritos acadados nos distintos apartados, é necesario alcanzar, polo menos, o 35% do valor da suma dos exames de preguntas obxectivas e de preguntas de desenvolvemento.

Resultados de aprendizaxe previstos acadar: RA1, RA2 e RA3
20 A3
A4
B1
C1
C6
C12
C23
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A
modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aqueles estudantes
que desexen realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial)
deberán comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou a
través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da
impartición do curso.

Avaliación Continua

En primeira convocatoria, os estudantes deberán
alcanzar máis do 35% no conxunto do exame de preguntas obxectivas e o exame de
preguntas de desenvolvemento para que lles sexa sumada a puntuación do resto de
actividades suxeitas a Avaliación Continua e que se desenvolveran nos seus
correspondentes prazos.

Para a segunda edición, os estudantes manterán por
defecto as puntuacións obtidas nas actividades de seminarios, prácticas e
traballo tutelado, pasando a examinarse unicamente das sesións maxistrais cun exame
de preguntas obxectivas e de preguntas de desenvolvemento. Os estudantes deberán acadar máis dun 35% do total deste examen para poderlle
sumar as puntuacións de seminarios, prácticas e traballo tutelado. Non
obstante, nesta segunda edición os estudantes poden renunciar as puntuacións
acadadas nesas actividades (seminarios, practicas e traballo tutelado), sendo
avaliados unicamente cun exame que constará de preguntas tipo test e preguntas
de desenvolvemento relacionados cos contidos das sesións maxistrais así coma
problemas e preguntas dos contidos de seminarios e prácticas. Este exame valerá
o 100 % da nota e será preciso acadar nel máis dun 50%. Para optar a esta
posibilidade en segunda edición, os estudantes que seguiron a Avaliación
Continua deberán renunciar por escrito as cualificacións obtidas nas
actividades de seminarios, prácticas e traballo tutelado, enviando para tal
efecto un correo electrónico ao responsable da materia unha semana antes da
data oficial do exame da segunda edición.

Avaliación Global

Este sistema de avaliación será o que seguirán os
estudantes que así o manifestaran en tempo e forma, ademais dos estudantes que pola
súa actividade profesional fora do ámbito académico lles impida unha
presencialidade superior ao 10% nas sesións maxistrais, seminarios e prácticas.
Neste último caso, os estudantes deberán acreditar debidamente a súa situación
(copia oficial do contrato de traballo).

A Avaliación global se fará de acordo cun único exame
que reparará na consecución das competencias da materia e que valerá o 100% da
nota final sendo necesario acadar unha cualificación de 5 sobre 10. O exame da
modalidade de Avaliación global consistirá en preguntas tipo test e preguntas
de desenvolvemento relacionados cos contidos de sesións maxistrais, así coma
problemas e preguntas dos contidos de seminarios e prácticas.

O tipo de exame descrito para a Avaliación Global será
o que deberán superar os estudantes que se presenten á convocatoria Fin de
Carreira, no que deberán acadar máis dun 50% da nota total para superar a
materia. En caso de non asistir a dito exame, ou de non aprobalo, pasarán a ser
avaliados polo sistema por defecto (Avaliación Continua) salvo que indiquen o
contrario en tempo e forma.

Espérase que o estudantado presente un comportamento
ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados durante
prácticas, exercicios de seminarios ou exames, e outros) considerarase que o/a estudante
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global na convocatoria ordinaria (1ª edición) será de suspenso
(0.0). De persistir ou repetir este comportamento na convocatoria
extraordinaria (2º edición), a valoración será igualmente suspenso (0.0). En todo caso, a
estes efectos, se seguirán os procedementos descritos no “Regulamento sobre a
avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado” da Universidade de Vigo, aprobado no Claustro o
18/04/2023.

Casos particulares serán revisados de forma especial,
a condición de que os responsable/s da materia consideren que o/a estudante
acade as competencias específicas da materia.

Datas de exames:

Fin de carreira: 26/09/2023 16 horas

1ª edición: 10/11/2023 ás 10 horas

2ª edición: 03/07/2024 ás 10 horas

En caso de error na transcrición das datas de exames,
as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios
e na web do Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000