Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Contaminación de ecosistemas terrestres
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valorarase o desenvolvemento e resultado final do traballo do grupo de forma conxunta, especialmente no referente a capacidade de comunicación e de síntese dos aspectos máis relevantes da temática seleccionada. En caso de que o traballo presente unha porcentaxe de similitude superior ao 25% (mediante Turnitin), o traballo non será corrixido e a súa valoración será 0.
Resultados de aprendizaxe previstos acadar: RA1, RA3, RA4, RA5 e RA7
10 A3
A4
B2
C7
C16
D1
D4
D5
D9
Exame de preguntas obxectivas Levarase a cabo conxuntamente co exame de preguntas de desenvolvemento nas datas oficiais de exame. O exame de preguntas obxectivas estará constituido por preguntas tipo test que serán extraídas dos aspectos máis notorios dos diferentes temas desenvolvido nas sesións maxistrais. As preguntas serán de resposta múltiple, só unha delas válida. Para que se poida levar adiante a avaliación continua, é decir, o sumatorio dos méritos acadados nos distintos apartados, é necesario alcanzar, polo menos, o 35% do valor do exame de preguntas obxectivas e máis do exame de preguntas de desenvolvemento.
Resultados de aprendizaxe previstos acadar: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5 e RA7
30 B1
C4
C6
C7
C16
D1
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Levarase a cabo conxuntamente co exame de preguntas obxectivas nas datas oficiais de exame. O exame de preguntas de desenvolvemento estará constituido varias preguntas curtas relacionadas con casos concretos de contaminación de medios terrestres. Nas súas respostas, os/as estudantes deberán ser capaces relacionar, integrar e transmitir aqueles coñecementos que, en relación coas preguntas, obtiveran nas sesións teóricas. Para que se poida levar adiante a avaliación continua, é decir, o sumatorio dos méritos acadados nos distintos apartados, é necesario alcanzar, polo menos, o 35% do valor do exame de preguntas obxectivas e máis do exame de preguntas de desenvolvemento.
Resultados de aprendizaxe previstos acadar: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5 e RA7
30 A3
B1
C4
C5
C6
C7
C16
D1
D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Trátase de desenvolver diferentes problemas relacionados coa contaminación ambiental e cos contidos teóricos e aplicados tratados nos seminarios. Se pretende así avaliar ós estudantes para a adquisición de capacidade de síntese, análise e resolución de problemas e capacidade crítica.
Resultados de aprendizaxe previstos acadar: RA1, RA3, RA4, RA5 e RA7
20 A3
B1
C4
C5
C7
C16
D1
D4
D5
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Actividade asociada á realización das tarefas propostas das sesións prácticas.
Resultados de aprendizaxe previstos acadar:
todos (dende RA1 a RA7)
10 A3
B1
B2
C4
C5
D1
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A modalidade de avaliación preferente é
a Avaliación Continua. Aqueles estudantes que desexen realizar a Avaliación Global
(100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo ao responsable da materia,
por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior
a un mes desde o inicio da impartición do curso.

Avaliación Continua

En primeira
convocatoria, os estudantes deberán alcanzar máis do 35% no conxunto do exame
de preguntas obxectivas e o exame de preguntas de desenvolvemento para que lles
sexa sumada a puntuación do resto de actividades suxeitas a Avaliación Continua
e que se desenvolveran nos seus correspondentes prazos.

Para a segunda
edición, os estudantes manterán por defecto as puntuacións obtidas nas
actividades de seminarios, prácticas e traballo tutelado, pasando a examinarse unicamente
das sesións maxistrais cun exame de preguntas obxectivas e preguntas
de desenvolvemento. Neste exame, os estudante deberán acadar máis dun 35% da
nota total do mesmo para poderlle sumar as puntuacións de seminarios, prácticas
e traballo tutelado. Non obstante, nesta segunda edición os estudantes poden
renunciar as puntuacións acadadas nesas actividades (seminarios, practicas e
traballo tutelado), sendo avaliados unicamente cun exame que constará de
preguntas tipo test e preguntas de desenvolvemento relacionados cos contidos das
sesións maxistrais así coma problemas e preguntas dos contidos de seminarios e
prácticas. Este exame valerá o 100 % da nota e será preciso acadar nel máis dun
50%. Para optar a esta posibilidade en segunda edición, os estudantes que
seguiron a Avaliación Continua deberán renunciar por escrito as cualificacións
obtidas nas actividades de seminarios, prácticas e traballo tutelado, enviando
para tal efecto un correo electrónico ao responsable da materia unha semana
antes da data oficial do exame da segunda edición.

Avaliación
Global

Este sistema de
avaliación será o que seguirán os estudantes que así o manifestaran en tempo e
forma, ademais dos estudantes que pola súa actividade profesional fora do
ámbito académico lles impida unha presencialidade superior ao 10% nas sesións
maxistrais, seminarios e prácticas. Neste último caso, os estudantes deberán acreditar
debidamente a súa situación (copia oficial do contrato de traballo).

A Avaliación
global se fará de acordo cun único exame que reparará na consecución das
competencias da materia e que valerá o 100% da nota final sendo necesario
acadar unha cualificación de 5 sobre 10. O exame da modalidade de Avaliación global
consistirá en preguntas tipo test e preguntas de desenvolvemento relacionados
cos contidos de sesións maxistrais, así coma problemas e preguntas dos contidos
de seminarios e prácticas.

O tipo de exame descrito
para a Avaliación Global será o que deberán superar os estudantes que se
presenten á convocatoria Fin de Carreira, no que deberán acadar máis dun 50% da
nota total para superar a materia. En caso de non asistir a dito exame, ou de
non aprobalo, pasarán a ser avaliados polo sistema por defecto (Avaliación
Continua) salvo que indiquen o contrario en tempo e forma.

Espérase que o estudantado presente un comportamento
ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados durante prácticas,
exercicios de seminarios ou exames, e outros) considerarase que o/a estudante
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación
global na convocatoria ordinaria (1ª edición) será de suspenso (0.0). De
persistir ou repetir este comportamento na convocatoria extraordinaria (2º
edición), a valoración será igualmente suspenso (0.0). En todo caso, a
estes efectos, se seguirán os procedementos descritos no “Regulamento sobre a
avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado” da Universidade de Vigo, aprobado no Claustro o
18/04/2023.

Casos
particulares serán revisados de forma especial, a condición de que os
responsable/s da materia consideren que o/a estudante acade as competencias
específicas da materia.

Datas de exames:

Fin de carreira:
27/09/2023 10 horas

1ª edición: 05/06/2024
ás 10 horas

2ª edición: 05/07/2024
ás 10 horas

En caso de error
na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e
publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000