Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Contaminación de ecosistemas terrestres
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas sesións procederase a pór en coñecemento dos estudantes e explicar os distintos contidos do temario (bases teóricas, directrices de traballo, exercicios a desenvolver) mediante exposición por parte do profesor coa axuda de TICs. As sesións maxistrais terán unha duración de 50 minutos,
dedicando o resto da sesión recalcar os aspectos máis relevantes.
Seminario Os seminarios dedicaranse a profundizar e incidir nalgúns casos especiais de contaminación en
ecosistemas terrestres, tanto dende o punto de vista teórico como na resolución de problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Os seminarios distribúense en seis sesións de dúas horas cada un, dedicandose aos seguintes temas:
- Paleocontaminación e Antropoceno
- Análise e modelización da capacidade de retención de contaminantes en solos
- Mecanismos de neutralización da acidez en solos
- Contidos, distribución e fraccionamento de metais pesados acumulados en solos debido a
actividades antrópicas. Índice xeoquimicos de avaliación de riscos ambientais
- Dinámica de Hg nos sistemas planta-solo-auga
- Contaminación de ecosistemas por PCBs
Na séptima sesión de seminarios se desenvolvera o estudo de caso/exercicios que será tido en conta coma proba de avaliación das sesións de seminarios.
Traballo tutelado A actividade consiste na realización dun traballo en grupo (2-3 alumnos) sobre algún tema relacionado cos procesos de contaminación a proposta dos estudantes ou profesor, debendo elaboralo de forma autónoma mediante a búsqueda e recollida de información, lecturas específicas (científica e técnica) manexo da bibliografía, redacción, etc. O/a responsable da materia confirmará a idoneidade dos temas de traballo e velará porque estes non se repitan entre os distintos grupos de
estudantes. Comunicarase aos estudantes unha data límite antes da que deberían informar do seu
interese nesta actividade.Tamén se informará ó inicio do curso da data límite para a entrega destes
traballos.
Prácticas de laboratorio O profesorado planificará as diferentes prácticas en relación aos contidos da materia de xeito que os estudantes podan aplicar e completar algúns dos coñecementos teóricos que se imparten. Proxéctanse 4 sesións de entre 3 e 4 horas cada unha. Os contidos das sesións prácticas serán:
- Determinación da capacidade de neutralización de ácidos nunha variedade de solos con diferentes características químicas.
- Distribución de metais pesados en solos contaminados e non contaminados
- Estudo de retención competitiva de Cu e Zn en solos acedos
- Ensaios de fitotoxicidade por metais pesados
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000