| Seminario |
Os seminarios dedicaranse a profundizar e incidir nalgúns casos especiais de contaminación en
ecosistemas terrestres, tanto dende o punto de vista teórico como na resolución de problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Os seminarios distribúense en seis sesións de dúas horas cada un, dedicandose aos seguintes temas:
- Avance nos contidos de teoría
- Antropoceno e Paleocontaminación
- Análise e modelización da capacidade de retención de contaminantes en solos
- Mecanismos de neutralización da acidez en solos
- Contidos, distribución e fraccionamento de metais pesados acumulados en solos debido a
actividades antrópicas. Índice xeoquímicos de avaliación de riscos ambientais
- Contaminación de ecosistemas por PCBs
Na derradeira sesión de seminarios se desenvolverá o estudo de caso/exercicios que será tido en conta coma proba de avaliación das sesións de seminarios. |