Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Física ambiental
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Ao finalizar cada tema programaranse clases de seminario tipo B (grupo máximo de 20 persoas) onde se realizarán traballos de carácter práctico e daráselle ao alumno unha batería de cuestións que analice os conceptos máis importantes de cada tema.
Avaliarase o resultado de aprendizaxe AR2.
40 A3
A4
B2
C4
D1
D3
D5
D9
Exame de preguntas obxectivas Cuestións de resposta breve que analizan o coñecemento adquirido polo alumno na primeira metade do temario (Temas 1-3).

Avaliarase o resultado da aprendizaxe AR1.
30 C1
C3
Exame de preguntas obxectivas Cuestións de resposta breve que analizan o coñecemento adquirido polo alumno na segunda parte do temario (Temas 4-6).

Avaliarase o resultado da aprendizaxe AR1.
30 C1
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación no exame oficial) debe comunicarllo ao responsable de materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia.

Valorarase positivamente a asistencia ás clases maxistrais e especialmente aos seminarios. 

Os alumnos que por causa xustificada non poidan asistir ás distintas metodoloxías docentes deben xustificalo adecuadamente desde o principio do curso. A avaliación realizarase con traballos complementarios que propoñerá o/a profesor/a segundo o caso.

Exames: 

Fin Carrera: 25/09/2024 16:00 h 

Fin bimestre: 25/03/2025 10:00 h 

Convocatoria de Julio: 14/07/2025 16:00 h

En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. 

Convocatoria de xullo: o 100% da nota corresponderá a un exame con preguntas sobre o temario. 

Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000