Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Ecoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Presentación de contidos incluídos na axenda da aula apoiada con material gráfico. Esta actividade permitirá aos alumnos coñecer a composición, estrutura e dinámica dos ecosistemas, a súa dependencia de factores ambientais a diferentes escalas e o seu papel nos ciclos bioxeoquímicos globais.
Seminario A través de actividades individuais e grupais, daranse a coñecer os conceptos e ferramentas necesarios para o deseño de estudos experimentais, análise de datos e interpretación de resultados. Ademais, aprenderás a traballar con textos científicos complexos
Prácticas de laboratorio Introdución de metodoloxías de comunicación científica. Aprender a realizar presentacións orais e pósteres así como a elaboración de manuscritos.
Presentación Exposición de traballos tipo poster. A través dunha actividade na que se simulará un congreso científico, o alumnado presentará o seu traballo en formato póster á comunidade de profesores e estudantes da Facultade de Ciencias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000