Guia docente 2026_27
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Enerxía e sostibilidade enerxética
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase mediante a realización de 2 exames:
1) examen de preguntas cortas (40%)
2) examen tipo test (20%)

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3.
60 A3
A4
B1
B2
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D9
Seminario As actividades realizadas valoraranse por parte do profesorado.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3.
40 A3
A4
B1
B2
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Sistema de avaliación: a modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (100% da calificación no exame final) debe comunicarllo ó coordinador da materia por email (a gil@uvigo.gal) ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia.

2) Avaliación final do bimestre: 

2.1) Exames: realizaránse 2 exames:  1 de preguntas cortas (que valerá o 40% da nota) e 1 exame tipo test (que valerá o 20% da nota), e é necesario obter un mínimo no promedio dos dous exames para poder aprobar a materia. Nos exames poderanse indicar requisitos necesarios para superar a materia.

 

2.2) Seminarios: a cualificación neste apartado será a suma das obtidas en cada unha das probas que se realice e terá un valor máximo do 40% da nota global (para o alumno que realizase todas correctamente). Se o profesorado constata que algún alumno copiou unha parte substancial dalgún traballo ou entrega, devandito traballo será valorado con -10% da nota global.

 

2.3) Cualificación da materia: para o alumno que non supere os exames, a cualificación da materia será media da obtida nos exames, sen sumárselle a parte correspondente a "Seminarios". O alumno que teña algunha cualificación (xa sexa en seminarios ou en exames) non poderá levar a nota de "Non Presentado".

 

3) Convocaria de fin de carreira:

 o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos nas outras oportunidades existentes ó longo do curso.

 

4) Segunda edición da acta (xullo):

 na segunda edición, en xullo, o alumno poderá elixir entre que se lle manteña a nota da metodoloxía de "Seminarios", ou que non se lle manteña (nese caso o exame representará o 100% da nota). A opción por defecto será manter as notas da metodoloxía de “Seminarios”. No caso de alumnos que copiasen, sempre se lles manterá a nota de "Seminarios".

 

5) Comunicación cos alumnos:

 a comunicación cos alumnos (cualificacións, convocatorias, etc) realizarase a través da plataforma MooVi. 

 
6) Exames:
 as datas de exames son as aprobadas pola Facultade de Ciencias (en caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro):

 

  • Fin de carreira: 16/09/2024 ás 10:00.
  • 1ª edición: 04/11/2024 ás 10:00.
  • 2ª edición: 01/07/2025 ás 10:00.

 

7) Compromiso ético: espérase que os estudantes presentes un comportamento ético adecuado. En caso de detectar malas prácticas como copia, plaxio, utilización de calquera aparello electrónico non autorizado expresamente (normalmente só permitirase o uso de calculadora) considerarase que o alumno non reúne os requisitos adecuados para superar a materia e a súa cualificación global será de 0.0, en cumprimento do Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, artigo 13.2.d, relativo aos deberes dos estudantes universitarios: "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".

Calquer uso da IA en traballos académicos debe ser declarado, indicando
a ferramenta utilizada, a función realizada e o alcance da súa intervención,
así como que parte do traballo é de autoría humana. Ante indicios fundados de
uso indebido da IA, o profesorado pode inadmitir traballos, solicitar probas
adicionais ou remitir o caso ao procedemento administrativo disciplinario
correspondente

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000