Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Análise instrumental
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MODALIDADE MIXTA:
Metodoloxía:
* Lección maxistral, traballo tutelado e seminario realizaranzse presencialmente e a través do Campus Virtual, sendo
obrigatoria a asistencia (presencial ou telemática). O aluno que non poda asistir deberá xustifica-lo adecuadamente.
* Prácticas de laboratorio: serán presenciais e obrigatorias.
* Titorías: Realizaranse de forma presencial ou a través do despacho virtual, previa cita solicitada a través do correo
electrónico.
* Avaliación: Realizarase como está indicado na modalidade presencial e o exame realizarase de modo presencial salvo que
as autoridades académicas indiquen o contrario.

MODALIDADE NO PRESENCIAL:
Metodoloxía:
* Lección maxistral, prácticas de laboratorio, traballo tutelado e seminario realizaranse a través do Campus Virtual, sendo
obrigatoria a presenza telemática. O aluno que non poda asistir deberá xustifica-lo adecuadamente.
Aportarase bibliografía e información adicional para o autoaprendizaxe.
* Titorías: Realizaranse a través do despacho virtual, previa cita solicitada a través do correo electrónico.
* Avaliación: Realizarase como está indicado na modalidade presencial e o exame realizarase de modo non presencial
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000