Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Química orgánica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Ó longo de todo o curso proporanse problemas durante as sesións de seminarios que os alumnos teñen que resolver na aula e que serán avaliadas. Valorarase a adecuación das solucións propostas, a calidade da argumentación utilizada e a presentación da mesma.

Resultados da aprendizaxe:

RA1, RA2,RA3, RA4, RA5, RA6, RA8, RA9, RA10
20 B1
B2
B5
C1
C2
C4
C13
D1
D3
D5
D8
D11
Prácticas de laboratorio A asistencia ás sesións prácticas de laboratorio e a realización dos traballos nelas propostos é imprescindible para aprobar a asignatura.
A avaliación desta parte da asignatura realizarase a través de:
1. a valoración do traballo de documentación previo. (10%)
2. A observación do traballo de laboratorio e os seus resultados. (10%)
3. A corrección da libreta de laboratorio, así como das respostas ás preguntas plantexadas nas prácticas. (10%)

Resultados da aprendizaxe:

RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA8, RA9, RA10
30 B1
B2
B5
C1
C2
C4
C13
D1
D3
D5
D8
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse as seguintes probas ao longo do curso:
1. Unha proba curta de seguemento, a través da plataforma Moovi. (10%)
2. Unha proba longa, escrita, ao final da asignatura e que recolla todos os conceptos introducidos na materia (40%)

Resultados da aprendizaxe:

RA1, RA2,RA3, RA4, RA5, RA6, RA8, RA9, RA10
50 C1
C2
C4
C13
D1
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha cualificación igual ou superior a 2.5 puntos no exame final. As porcentaxes anteriores poden verse modificadas na 2ª Edición da Convocatoria Ordinaria e na Convocatoria de Fin de Carreira.

Na convocatoria de Fin de Carreira realizarase unha proba que incluirá preguntas de resposta múltiple, resolución de problemas e/ou exercicios e unha sección na que se evaluarán as competencias desenroladas nas prácticas de laboratorio. O resultado desta proba representará o 100% da cualificación do curso. No caso de non asistir a dito exame ou non aprobalo, o alumno pasará a ser avaliado do mesmo modo que o resto dos alumnos.

Na 2ª Edición da Convocatoria Ordinaria, o alumno pode escoller se quere participar da avaliación continua ou non. No primeiro caso, a proba será equivalente á realizada na 1ª Edición e o resto da nota da materia calcularase utilizando as cualificacións obtidas nas actividades desenvolvidas durante o curso, coas mesmas porcentaxes. No segundo caso, a proba representará un 70% da cualificación final (o 30% restante correspóndese coa cualificación das prácticas de laboratorio, das que a realización é imprescindible para aprobar).

A asistencia como mínimo ó 80% das sesións prácticas presenciais é necesaria para aprobar a materia. Para os alumnos con obrigacións laborais ou familiares estableceranse unha serie de actividades non presenciais alternativas ás prácticas. Esta situación deberá acreditarse documentalmente na primeira semana de clase ou, se é unha causa sobrevida, na data de sinatura do contrato ou na que apareza esa responsabilidade familiar.

As datas de exames son as aprobadas pola Facultade de Ciencias:

Fin de carreira: 18 de setembro 2023 ás 16:00h.

1ª Edición: 7 de novembro 2023 ás 16:00h.

2ª Edición: 2 de xullo 2024 ás 16:00h.

En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000