Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Química orgánica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia Química orgánica Código O01G041V01304
Titulación
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Química orgánica
Coordinador/a
Nieto Faza, Olalla
Correo-e faza@uvigo.es
Profesorado
Nieto Faza, Olalla
Web
Descrición xeral A denominación da Química como a Ciencia Central e un bo indicador da súa relevancia dentro de calquera
ámbito científico ou tecnolóxico. A Química no seu obxectivo de tratar de entender as propiedades das
substancias e os cambios que estas experimentan e, dentro dela, a Química Orgánica é unha das ciencias
máis relacionadas coa nosa vida cotiá. Tanto os principais constituíntes da materia viva (proteínas,
carbohidratos, lípidos, ácidos nucleicos, enzimas...) coma moitas outras substancias que forman parte do
noso mundo (medicamentos, pesticidas, xabóns, teicidos, combustibles...), son moléculas orgánicas. Por iso
mesmo, trátase dunha disciplina moi relacionada coa Bioquímica, a Bioloxía Molecular, a Fisioloxía,
Farmacoloxía, etc. e o seu coñecemento é de capital importancia en gran número de especialidades
tecnolóxicas como a Producción Animal ou Vexetal, a Tecnoloxía de Materiais, a Tecnoloxía de Alimentos, etc.
A asignatura de Química Orgánica no Grao de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos preséntase como unha
asignatura instrumental que proporciona ó alumno as ferramentas básicas que lle permitirán nos seus
estudos posteriores e no desempeño profesional, enfrentarse ós distintos procesos químicos que sofren os
alimentos e os seus compoñentes e aditivos, e ás reaccións de derivatización e métodos de detección
implicados nas principais técnicas analíticas. Preténdese, por tanto, que o alumno adquira uns coñecementos
básicos da disciplina que lle permitan comprender a estrutura dos compostos orgánicos, as súas propiedades
e reaccións. A aproximación empregada será a de relacionar estrutura con propiedades e estas coa
reactividade, tomando como centro do curso o estudo de mecanismos de reacción.
As prácticas de laboratorio, constitúen unha parte moi importante das actividades da asignatura,
proporcionando o marco idóneo para sintetizar todos os coñecementos e competencias adquiridos durante o
curso e aplicalos nun contexto próximo ó que se vai atopar o alumno fóra da Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000