Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Química orgánica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática Os alumnos deben realizar unha serie de tarefas relacionadas coa búsqueda de información química, a representación de moléculas orgánicas en dúas dimensións e coa interpretación de espectros de Resonancia Magnética Nuclear.
Esas tarefas quedarán reflectidas nunha memoria escrita que será evaluada en canto ó formato, corrección dos resultados e calidade da redacción.
10 A2
A5
B1
D1
D3
D5
D8
Traballos tutelados Valorarase a calidade da información proporcionada e a
corrección na súa exposición e formato.
10 A2
A5
C1
C2
C4
D1
D3
D5
D8
Prácticas de laboratorio A asistencia ás sesións prácticas de laboratorio e a realización dos traballos nelas propostos é imprescindible para aprobar a asignatura.
A avaliación desta parte da asignatura realizarase a través da observación do traballo de laboratorio e os seus resultados e da corrección dunha libreta de laboratorio que documente os mesmos e na que se respondan as cuestións planteadas durante a realización das prácticas. O traballo de laboratorio representa un 30% da nota, e o caderno de prácticas un 70%.
10 A2
A5
B1
B2
B5
C1
C2
C4
C13
D1
D3
D5
D8
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha proba con problemas, cuestións curtas e/ou preguntas de resposta múltiple.
Valorarase a corrección dos resultados, os procesos de razoamento que levan a eles e a calidade da exposición dos mesmos.
45 A2
C1
C2
C4
D1
D3
D5
D8
Probas de tipo test Realizaranse unha ou varias probas tipo test a través da plataforma Tema e/ou de forma presencial. 25 C1
C2
C4
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas dos exames (problemas e exercicios) son as seguintes:

Convocatoria de Fin de Carreira: 26 Setembro 2016, 16:00 h
Convocatoria Ordinaria, 1a Edición: 24 Outubro 2016, 16:00 h
Convocatoria Ordinaria, 2a Edición: 4 Xullo 2017, 16:00 h

En caso de discrepancias por algún error nas datas dos exames, as válidas serán as aprobadas oficialmente na Xunta de Facultade e publicadas no Tablón de Anuncios en na web do Centro.

Para superar a asignatura cómpre acadar una puntuación mínima do 50% sumando todas as actividades de avaliación indicadas neste apartado e obter como mínimo unha calificación de 40% no exame final (ambos son requisitos necesarios).
Para as probas de tipo test a través de Tema, abriranse uns plazos amplos (non inferiores a quince días) na plataforma online dos que se informará a través da mesma e durante as sesións presenciais. Para as probas tipo test presenciais, acordarase a data cos alumnos durante a primeira semana de clase. Estas datas serán publicadas na plataforma.

Para os alumnos con obrigacións laborais ou familiares estableceranse unha serie de actividades non presenciais alternativas ás prácticas. Esta situación deberá acreditarse documentalmente na primeira semana de clase ou, se é unha causa sobrevida, na data de sinatura do contrato ou na que apareza esa responsabilidade familiar.

Convocatoria de Xullo: Realizarase unha única proba (con preguntas tipo test e con problemas e exercicios) que representará un 70% da nota. O 30% restante calcularase coas calificacións das prácticas e traballos tutelados realizados durante o curso.

Convocatoria de Fin de Carreira: O alumno que opte por examinarse nesta convocatoria, será avaliado únicamente cun exame (con preguntas tipo test e con problemas e exercicios), que representará un 100% da nota. En caso de non asistir a dito exame ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo modo que o resto dos alumnos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000