Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Bioquímica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

1. MODALIDADE MIXTA: unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través do Campus Remoto da U. de Vigo.
1.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
1.1.1. SESIÓN MAXISTRAL: As clases maxistrais mantéñense. Unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte non presencial a través do Campus Remoto da U. de Vigo e impartiranse mediante vídeos pregrabados ou a través de videoconferencia no Campus Remoto da U. de Vigo.
1.1.2. SEMINARIOS: Os seminarios mantéñense e impartiranse de forma presencial a non ser que se diga o contrario.
1.1.3. PRÁCTICAS DE LABORATORIO: As prácticas de laboratorio mantéñense e impartiranse de forma presencial a non ser que se diga o contrario.
1.1.4. TUTORÍAS: Realizaranse no despacho virtual de cada profesor, con cita previa.
1.2. AVALIACIÓN:
1.2.1. FIN DE CARREIRA: O exame suporá o 100% da nota.
1.2.2. FIN DE BIMESTRE/CUATRIMESTRE: O exame suporá o 40% da nota.
1.2.3. SEGUNDA OPORTUNIDADE: O exame suporá o 40% da nota. Aínda que, no caso de estudantes que demostren fehacientemente que teñen responsabilidades laborais e que xa que logo, non poidan asistir ás clases, o alumno pode optar ao 100% da cualificación.
1.3. TUTORÍAS: Realizaránse no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa ó email do profesor.
1.4. ¿OUTROS ASPECTOS?

2. MODALIDADE NON PRESENCIAL: toda a docencia realizarase a través do Campus Remoto da U. de Vigo.
2.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
2.1.1. SESIÓN MAXISTRAL: As clases maxistrais se impartiran mediante vídeos pregrabados ou a través de videoconferencia no Campus Remoto da U. de Vigo. Non se modificarán os contidos a impartir.
2.1.2. SEMINARIOS: As clases impartiranse a través do Campus Remoto da U. de Vigo, turnándose os alumnos por grupos previamente definidos polo profesor, para contestar ás preguntas formuladas polo profesor. Non se modificarán os contidos a impartir.
2.1.3. PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Sustituiranse con explicacións previas mediante documentos e/ou vídeos na plataforma de teledocencia e a posta a disposición das mesmas, con indicacións de cómo o alumnado as debe facer de forma virtual utilizando o seu propio equipo informático, e como debe confeccionar correctamente o informe da práctica de laboratorio. Non se modificarán os contidos a impartir.
2.1.4. …

2.2. AVALIACIÓN: No caso da lección magistral, outorgarase un 5% da nota final por contestar correctamente ás preguntas formuladas polo profesor ao final de cada actividade.
A avaliación dos seminarios supoñerá un 30% da nota final: 25% por contestar correctamente ás preguntas relacionadas co tema do seminario e un 5% pola entrega dos exercicios de autopreparación (exercicios propostos).
A avaliación das prácticas de laboratorio supoñerá un 25% da nota final: 5% por contestar correctamente ás preguntas relacionadas co tema da actividade e 20% pola entrega do informe da práctica, cunha adecuada presentación e cunha presentación e discusión correcta dos resultados.
Os exames realizaranse en forma non presencial (forma virtual) a través de Moodle e o Campus Remoto da U. de Vigo.
2.2.1. FIN DE CARREIRA: O exame suporá o 100% da nota.
2.2.2. FIN DE BIMESTRE/CUATRIMESTRE: O exame suporá o 40% da nota.
2.2.3. SEGUNDA OPORTUNIDADE: O exame suporá o 40% da nota. Aínda que, no caso de estudantes que demostren fehacientemente que teñen responsabilidades laborais e que xa que logo, non poidan asistir ás clases, o alumno pode optar ao 100% da cualificación.
2.3. TUTORÍAS: As tutorías realizaránse no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa ó email do profesor.
2.4. ¿OUTROS ASPECTOS? Para facilitar a auto-aprendizaxe, o profesor facilitará ao alumnado a bibliografía da asignatura en forma dun libro en pdf que se colgará na plataforma de teledocencia (Faitic). En todo caso os apuntamentos das clases disponibilizados a través da plataforma de teledocencia deberan ser suficientes para garantir a aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000