A materia de "Enfermaría Xeriátrica e coidados paliativos" trata de proporcionar ao alumno o coñecemento das modificacións que se producen no individuo coa idade, desde aspectos non só bio-fisiolóxicos e funcionais senón tamén socio-económicos que teñen neste grupo de poboación unha significación de suma importancia e transcendencia, trata igualmente dos coidados que deben dispensarse aos anciáns sans e enfermos, así como da actitude adecuada ao dispensar os devanditos coidados. Tamén engloba os coidados paliativos desde a perspectiva persoal, social e familiar e abordando os coidados que se dispensan na devandita situación.
Esta materia impártese no terceiro curso do Grao de Enfermaría, e é unha materia semestral.