Presentación |
Exposición oral dos traballos realizados. |
20 |
|
|
|
|
O exame final terá lugar na data establecida oficialmente. A data oficial pode consultarse na páxina web da Escola: https://www.escuelamagisterioceuvigo.es/organizacion-academica/ A proba "exame de preguntas de desenvolvemento" non computará na avaliación se non se obtén na mesma, como mínimo, a cualificación de aprobado (2 puntos).
A participación e o esforzo no desenvolvemento das distintas actividades da aula serán valorados positivamente.
O alumnado que non cumpra co 80% da asistencia será avaliado pola modalidade global.
O alumnado que desexe ser avaliado pola modalidade global ha de contactar coa profesora durante o primeiro mes do cuadrimestre, conforme ao estipulado no artigo 19 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023).
|