Traballo tutelado |
Elaboración de traballos orais/escritos na aula nos que se valorará a implicación do alumnado.
Elaboración de traballos a partir de lecturas de libros, de artigos, de conferencias realizadas por poñentes de prestixio, de temas relacionados coa materia, etc. que permitan afondar ou complementar os contidos da materia.
Estes traballos, así como a súa cualifación específica, serán indicados nas diferentes sesións de traballo. |
40 |
|
B1 B2 B3 B11
|
C1 C4 C49
|
D1 D3 D12 D13 D14 D18
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame que será realizado na data oficial publicada na Secretaría do Centro (CONFIRMAR NA SECRETARÍA DO CENTRO). |
40 |
|
B1 B2 B3
|
C1 C46 C49
|
D1 D3 D14 D18
|
o sistema de avaliación pretende facer o alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha avaliación continua, formativa e global, polo que se terán en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación no proceso de aprendizaxe e o resultado final de dito proceso. A cualificación final da materia será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. É dicir, a cualificación final será a suma da nota do exame (40%), dos traballos (40%), exposicións (15%) e da asistencia e participación activa (5%). Malia o dito, será preciso ter unha nota mínima de 2,25 no exame para poder sumar as demais notas.
ALUMNADO NON ASISTENTE
Aquel alumnado que non asistise ás aulas ou faltase máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas terá que presentarse a un exame de toda a materia (este exame computará un máximo de 4 puntos). Así mesmo, deberá presentar todos os traballos sinalados na aula (estes traballos computarán un máximo de 5 puntos). Para a asignación dos traballos, o alumno/a alumna deberá poñerse en contacto coa profesora antes do día 31 de outubro de 2023. Estes traballos terá que entregalos o día da realización do exame.
Aqueles alumnos e alumnas que non aproben a materia poderán recuperar as competencias non adquiridas na convocatoria do mes de xullo, manténdoselles a nota dos traballos/actividades superados, e terán que realizar novamente o exame. |