Prácticum, Practicas externas e clínicas |
Informe dos titores na escola sobre a asistencia e realización das actividades prácticas. |
50 |
A1 A2 A3 A4
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11
|
C61 C62 C64 C66
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20
|
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Elaboración dun informe das actividades desenvolvidas no período de prácticas, segundo o disposto no artigo 14 do Real decreto 592/2014, do 11 de xullo.
|
40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
C5 C9 C11 C14 C15 C21 C26 C36 C38 C61 C62 C63 C64 C65
|
D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21 D22
|
A titora ou titor académico da Universidade de Vigo avaliará as prácticas desenvolvidas polos estudantes, tendo en conta os criterios e as fontes sinalados.
Para superar a materia do prácticum o alumno deberá alcanzar o aprobado en cada un dos criterios da avaliación establecidos nos informes, tanto do titor do centro escolar como do titor académico.
O titor do centro escolar, como se indica no artigo 13 do Real Decreto 1707/2011, de 18 de Novembro, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes realizarán e remitirán ao titor académico da Universidade a avaliación final.
Para facilitar o proceso de avaliación antes do inicio das prácticas, o Coordinador do Prácticum remitiralle ao centro escolar a folla de avaliación na que se reflicten as diferentes competencias.
Particularmente, no relacionado coa memoria de prácticas, é conveniente sinalar:
A memoria de prácticas desenvolverase conforme ao establecido no artigo 14 do Real Decreto 1707/2011, do 18 de Novembro.
A través da guía docente, así como con outro tipo de orientacións, estableceranse as recomendacións pertinentes para unha correcta elaboración da memoria.
Para facilitar o proceso de avaliación, cada titor ou titora contará coa correspondente folla de avaliación.
O informe de avaliación realizado polo titor do centro educativo será un 50% da cualificación final do alumno. Coa devandito porcentaxe farase a media co resto das cualificacións obtidas polo alumno: memoria das prácticas (40%), e asistencia e participación nos seminarios quincenais (10%). |