Guia docente 2024_25
Escola Universitaria CEU de Magisterio de Vigo
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Titoría e orientación coa familia
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
B5 Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
B6 Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
B9 Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe perfeccionarse e adaptarse aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
B10 Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
B12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
C6 Coñecer a dimensión pedagógica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
C10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
C11 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar.
C13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuales e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e intergeneracionales; multiculturalidad e interculturalidad; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostenible.
C14 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
C23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e a mellóraa en educación infantil.
C24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
C25 Abordar análise de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuales.
C26 Saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
C31 Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
C32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
C36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
C43 Favorecer as capacidades de fala e de escritura.
C44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
C46 Comprender o paso da oralidad á escritura e coñecer os diferentes registros e usos da lingua.
C49 Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
C59 Adquirir un coñecemento práctico do aula e da xestión da mesma.
C60 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación no aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
C62 Relacionar teoría e práctica coa realidade do aula e do centro.
C66 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita
D6 Capacidade de xestión da información
D7 Resolución de problemas
D8 Toma de decisións
D11 Habilidades nas relacións interpersoais
D12 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
D13 Razoamento crítico
D14 Compromiso ético
D16 Adaptación a novas situacións
D17 Creatividade
D18 Lideranza
D21 Motivación pola calidade
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000