Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Dispositivos electrónicos dixitais en medicina
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Dispositivos electrónicos dixitais en medicina Código V12G420V01912
Titulación
Grao en Enxeñaría Biomédica
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Costas Pérez, Lucía
Correo-e lcostas@uvigo.es
Profesorado
Costas Pérez, Lucía
Poza González, Francisco
Web
Descrición xeral Esta materia ten por obxectivo xeral que o alumnado adquira as competencias e habilidades necesarias para o deseño, análise, simulación, depuración, proba e mantemento de circuítos electrónicos dixitais baseados en microcontroladores e en dispositivos reconfigurables para aplicacións biomédicas.
O contido da materia fai énfase nos seguintes aspectos:
- Estudo da estrutura básica dun microprocesador e dun microcontrolador.
- Estudo da metodoloxía de deseño de sistemas dixitais baseados en microcontroladores para aplicacións biomédicas.
- Coñecemento e compresión dos procedementos de programación e depuración de programas informáticos para microcontroladores en aplicacións biomédicas.
- Coñecemento das características funcionais dos dispositivos reconfigurables (FPGA) e a súa aplicación en medicina.
- Coñecemento das técnicas de especificación de sistemas baseados en FPGA.
- Coñecemento do concepto System On Chip (SOC) e a súa aplicación en medicina.
- Coñecemento e comprensión das características diferenciais dun procesador dixital de sinal (DSP) e a súa aplicación en instrumentación biomédica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000