Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Dispositivos electrónicos dixitais en medicina
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Para obter a nota de prácticas terase en conta:
- Nas Prácticas Guiadas: A realización do traballo previo para a preparación de cada práctica, que suporá o 30% da nota da mesma. O aproveitamento de cada práctica, valorado a través de preguntas sobre os resultados obtidos e as conclusións alcanzadas, que suporá o 70% da nota da mesma. A nota de Prácticas Guiadas calcúlase como medía aritmética das notas das Prácticas Guiadas. Para poder facer a media e necesario acadar unha nota mínima do 30% da nota máxima posible en cada práctica. Para aprobar estas prácticas e necesario obter como mínimo o 50% da nota máxima posible. Esta nota terá un peso do 25% na nota total da materia
- No Proxecto: O funcionamento de circuíto conforme as especificacións, que suporá o 60% da nota do proxecto. A memoria xustificativa e de resultados que suporá o 40% da nota do proxecto. Para aprobar esta actividade e necesario obter como mínimo o 50% da nota máxima posible. Esta nota terá un peso do 25% na nota total da materia

A asistencia as prácticas e unha obriga. Admítese a non asistencia a unha das sesións por razóns xustificadas.

A nota de prácticas será a medida aritmética das notas obtidas en Prácticas Guiadas e no Proxecto. Para aprobar as prácticas e necesario obter como mínimo do 50% da nota máxima.
50 C34
D2
D9
Exame de preguntas obxectivas Nesta proba avaliaranse os resultados de aprendizaxe correspondentes aos conceptos teóricos transmitidos nas leccións maxistrais. Realizares unha proba na última sesión de teoría. Para aprobar esta proba e necesario obter unha nota mínima do 40% da nota máxima posible na proba. Esta proba ten un peso dun 10% na nota final da materia. 10 D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Por medio deste tipo de proba avaliaranse os resultados da aprendizaxe
correspondente ao deseño de circuítos electrónicos baseados en microcontrolador para a medida e procesado de sinales biomédicas.
Realizarase unha proba escrita o final do cuadrimestre na data e horario fixado pola Dirección da Escola..
Para aprobar esta proba necesario obter como mínimo o 40% da nota máxima posible na proba.
40 C34
D2
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A
nota final da materia obterase como media ponderada das notas de prácticas e
das notas das probas de teoría. Para aprobar a materia es necesario obter un
mínimo do 50% da nota máxima. Para poder facer a media e necesario obter un
mínimo do 40% da nota máxima en cada parte. Se non alcanzase o limiar mínimo
(40%)  nalgunha das partes, a nota final
da materia será de suspenso e o valor numérico calcularase multiplicando por 0,53
a nota obtida coa media ponderada.

(aclaración
sobre o coeficiente: obtense de dividir 4,99 (máxima nota do suspenso) entre 9,39
(máxima nota da media ponderada que se pode obter suspendendo a materia (prácticas=10;
Desenvolvemento=10; obxectivas=3,9 nota= 10*(5/10)+10*(4/10)+3,9*(1/10)=9,39 )).

Na
segunda convocatoria non será necesario presentarse as partes aprobadas.

A
avaliación dos alumnos que teñan que presentarse a segunda convocatoria do
curso académico realizarase:

-
Co exame final: Nesta proba xuntaranse preguntas obxectivas e preguntas de  de desenvolvemento. Avaliarse o coñecemento
dos conceptos teóricos e a capacidade de resolver problemas.

-
Co exame de prácticas. Este exame consistirá na realización dunha das tarefas
especificadas no conxunto de enunciados de prácticas realizadas durante o
curso.

-  Presentación do proxecto.

A
nota final obterase cos mesmos criterios especificados para o cálculo da nota
da primeira convocatoria.

O
alumnado de avaliación non continua será avaliado por medio dun exame final de
coñecementos teóricos e resolución de problemas e un exame de Prácticas. O peso e os criterios de avaliación son os mesmos que na avaliación continua.

Compromiso
ético: Esperase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros), considerarase que o alumno non
reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a avaliación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000