Actividades introdutorias |
O profesorado realiza unha presentación do curso: contidos, organización, metodoloxías a empregar, cronograma e sistema de avaliación.
Faise especial énfase na participación do alumnado e no sistema de titorías personalizadas. Programarase a realización de titorías en grupo. |
Lección maxistral |
O profesorado presenta e explica na aula os contidos fundamentais da materia, fomentando a participación activa do alumnado. O material empregado nas presentacións estará ao dispor do alumnado con anterioridade na plataforma Moovi.
Poderán realizarse actividades manipulativas |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación práctica dos coñecementos adquiridos nas sesións teóricas, que permitirán a adquisición de habilidades técnicas e procedimentais relacionadas co comportamento dos biomateriais. Desenvólvense en laboratorio, con equipamiento especializado e de acordo coas normas aplicables.
Inclúese o tempo para explicar os conceptos necesarios para a realización dos ensaios. |