Guia docente 2025_26
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II e ecuacións diferenciais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realizaranse dous parciais (P1 e P2). O peso de cada un deles suporá o 25% da avaliación continua. 50 B3
B4
C1
D1
D2
D3
D6
D9
D15
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame final (EF) sobre os contidos de toda a materia. O peso deste exame será dun 40% para o alumnado que opte por avaliación continua e do 100% para quen non se acolla a esta. 40 B3
B4
C1
D1
D2
D3
D6
D9
D15
D16
Traballo En cada grupo proporanse diversos exercicios ou tarefas adicionais (EJC) que terán un peso conxunto dun 10% da nota de avaliación continua. 10 B3
B4
C1
D1
D2
D6
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota de avaliación continua obterase sumando as notas P1, P2, EF e EJC ponderadas según o seu peso. Isto é, se cada proba P1, P2, EF e EJC está puntuada sobre 10, entón

NOTA EC=P1*0.25+P2*0.25+EJC*0.1+EF*0.4.


A
nota final do alumnado na primeira edición da acta calcularase como o máximo entre a nota obtida mediante avaliación continua e a
nota do exame final: 


NOTA FINAL = MAX{NOTA EC, EF}.


En consecuencia, a nota do alumnado que non se acolla a avaliación continua será a do exame final.

Quen non se presente ao exame final da materia obterá a calificación de NON PRESENTADO.

A avaliación na segunda oportunidade consistirá nun único exame sobre os contidos da materia que supoñerá o 100% da nota.

Compromiso ético:

Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso
de detectar un comportamento non ético (por exemplo, copia, plaxio,  utilización de aparellos electrónicos non autorizados) considerarase que non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso, a calificación global da materia no presente curso  académico será de suspenso con calificación numérica de 0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000