Guia docente 2026_27
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Oficina técnica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Oficina técnica Código V12G380V01701
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 4 1c
2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Deseño na enxeñaría
Coordinador/a
Díaz Vilariño, Lucía
Correo-e lucia@uvigo.gal
Profesorado
Bouza Rodríguez, José Benito
Campos Juanatey, Diego
Díaz Vilariño, Lucía
González Cabaleiro, Patricia
González Cespón, José Luis
Tsiranidou , Elisavet
Web http://webs.uvigo.es/oficinatecnica
Descrición xeral Esta materia ten como visión e como misión achegar ó alumnado á súa vida profesional posterior a través do coñecemento, manexo e aplicación de metodoloxías, técnicas e ferramentas orientadas á elaboración, organización e xestión de proxectos e outros documentos técnicos.

Empregásese un enfoque práctico dos temas, buscando a integración dos coñecementos adquiridos ó longo da carreira de cara á súa aplicación ó desenvolvemento da metodoloxía, organización e xestión de traballos técnicos, como verdadeira esencia da profesión de enxeñeiro/a no marco das súas atribucións e campos de actividade.

Promoverase o desenvolvemento das competencias da materia por medio dunha aproximación teórico-práctica, na que os contidos expostos de maneira teórica se desenvolverán por medio da realización de actividades prácticas e traballos de aplicación orientados á realidade industrial da profesión, asimilando o emprego áxil e preciso da distinta normativa de aplicación e das boas prácticas establecidas.

Dada a variedade que se produce no espectro de saídas profesionais, o programa académico posúe unha parte de contidos xerais comúns a tódolos/as enxeñeiros/as industriais, no que se trata de transmitir aqueles aspectos que reforcen o seu carácter multidisciplinar, podendo incluír tamén outra parte máis específica da especialidade, que fai referencia a aspectos metodolóxicos ou normativos dese campo.

Así mesmo, a estratexia empregada permite expoñer ó alumnado as alternativas profesionais que se lle abren, desde o exercicio profesional libre (peritacións, ditames, informes, proxectos, etc.), ata a súa incorporación a unha pequena ou mediana oficina técnica máis orientada ás instalacións ou mesmo ó deseño de produto.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000