SISTEMA DE AVALIACIÓN:
O sistema de avaliación por defecto é o sistema de avaliación continua. O alumno que desexe acollerse ao sistema de avaliación non continua deberá solicitao oficialmente, no prazo e modo establecido pola administración da E.E.I. Se o alumno non solicita dita renuncia ou non obtén o veredicto favorable da renuncia á avaliación continua, enténdese que está no sistema de avaliación continua. A avaliación realizarase baseándose nas rúbricas que se publican na plataforma MOOVI da materia.
Ao comezo do curso, o profesorado do grupo informará aos alumnos, en clase e a través da plataforma MOOVI, das particularidades que se aplican ao grupo.
CRITERIOS DE SUPERACIÓN DA MATERIA MEDIANTE AVALIACIÓN CONTINUA:
Para superar a materia mediante a avaliación continua deben cumprirse, simultaneamente, dúas condicións: a) obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 en cada un dos apartados avaliables ou partes indicadas nas rúbricas que se publican. b) obter unha nota media, ponderada segundo as porcentaxes indicadas anteriormente, mínima de 5 sobre 10. Se un ítem está suspenso, facilitarase a recuperación do mesmo, de acordo coas indicacións e prazos establecidos polo profesorado. A porcentaxe que supón cada un dos ítems na cualificación da materia é a indicada na seguinte táboa:
Ítems porcentaxe Proxecto de actividade 35%-40%
Informe técnico 15%
Probas teóricas: 15%-30%
Competencias de comunicación: 20%-30%
De acordo coas características do grupo e a criterio do profesor establécense 2 posibles vías para avaliar as competencias de comunicación:
A) Realización dun traballo colaborativo, con outras titulacións, e presentación do mesmo, que pode incluír: Informe tipo executivo do traballo realizado empregando metodoloxía Design Thinking, resumo tipo congreso de entre 250 e 300 palabras, apoio visual para a presentación (diapositivas, maquetas, etc.) e presentación oral.
B) Presentación do proxecto realizado no curso, que pode incluír: Resumo do traballo, tipo A· do TFG, Resumo do proxecto de entre 250 e 300 palabras, apoio visual para a presentación (diapositivas, maquetas, etc.) e presentación oral.
CRITERIOS DE SUPERACIÓN DA MATERIA MEDIANTE AVALIACIÓN GLOBAL:
Os alumnos que opten por solicitar a avaliación global realizarán un exame equivalente aos contidos e competencias de coa seguinte estrutura:
Contidos teóricos. 40%
Contidos prácticos: 40%
Competencias de comunicación e comunicación de resultados 20%
==============Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. Ao cursar a materia, o alumnado, adquire un compromiso de traballo en equipo, colaboración e respecto aos compañeiros/*as e ao profesorado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados e outros) considerarase que o alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0,0).