Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento éticoadecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) consideraraseque o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nestecaso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso(0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónicodurante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducirun dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame seráconsiderado motivo de non superación da materia no presente cursoacadémico e a cualificación global será de suspenso (0.0). OUTROS COMENTARIOS En todos os casos, en cada proba (teórico-práctica ou de exercicios) debe alcanzarse un mínimo de 4 puntos para que se poida compensar con réstoo de notas. Soamente poderase compensar unha proba cando o resto das notas estean por encima do valor mínimo (4).Aclaración A modo de exemplo, un alumno que teña as seguintes puntuacións: 4, 4 e 7 compensaría as partes coa nota de 4 e superaría a materia. No caso de que as notas obtidas fosen 3, 4 e 8 NON compensa a materia e tampouco compensa a proba coa nota de 4 (xa que o resto das notas non cumpren a condición do valor mínimo de 4 puntos). Neste último caso o alumno tería que ir a Xaneiro/Xuño coa proba reducida ou ampliada, segundo o caso. Sinalar que á hora de facer a media entre as diferentes partes debe terse en conta a ponderación das mesmas. AVALIACIÓN CONTINUA (cualificación sobre 10) Para superar a materia por Avaliación Continua deben cumprirse os seguintes puntos: 1. É imprescindible realizar con aproveitamento as prácticas da materia asistindo ás mesmas e entregando a resolución dos exercicios propostos. O comportamento inadecuado nas clases penalizarase coma se fose unha falta. 2. Débense superar (e/o compensar) todas as probas (teórico-prácticas e de exercicios). Os alumnos que superen a Avaliación Continua quedarán exentos delas convocatorias oficiais. Con todo, poderán presentarse no caso de que queiran optar a maior nota. No caso de superar a Avaliación Continua e presentarse ás convocatorias oficiais, a nota final será a que se obteña como resultado de ambas as probas. CONVOCATORIAS OFICIAIS (cualificación sobre 10) Os alumnos que NON superen a avaliación continua e teñan soamente una das probas pendente, poderán recuperar esta unicamente na convocatoria de Xaneiro/Xuño. No resto dos casos: a) Aqueles alumnos que desenvolvan con aproveitamento as prácticas (é dicir, que asistan e entreguen as resolución das mesmas), realizarán unha proba teórico-práctica reducida. b) Aqueles alumnos que non cumpran a condición das prácticas, realizarán unha proba teórico-práctica ampliada que cubrirá os exercicios/casos tratados nas prácticas da materia.
Cualificación final:
A nota final do alumno calcularase a partir das notas das distintas probas tendo en conta a ponderación destas (probas teórico-prácticas 70% dos contidos da materia e proba da parte de prácticas 30%). En calquera caso, para superar a materia é condición necesaria superar todas a partes ou ben ter unha media de aprobado sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar). Nos casos nos que a nota media sexa igual ou superior ao valor de aprobado, pero nalgunha das probas non se alcance o valor mínimo de 4, a cualificación final será de suspenso. A modo de exemplo, un alumno que obteña as seguintes cualificacións: 5, 9 e 1estaría suspenso, aínda cando a nota media dá un valor de 5, ao ter unha das partes por baixo da nota de corte (4). Nestes casos, a nota que se reflectirá no acta será de suspenso (4). |