O modelo de avaliación é avaliación continua.

O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. O exame global consistirá nun exame escrito en data oficial que cubra todos os aspectos avaliados en avaliación continua cos mesmos porcentaxes e mínimos.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A avaliación continua realizarase durante o período lectivo da materia. Nesta modalidade, todas as probas son obrigatorias. A contribución de cada proba á nota total é a seguinte:

  • Avaliación dos contidos prácticos mediante proba escrita, práctica, e elaboración e entrega de memorias de prácticas (30% da cualificación).
  • Primeira proba escrita dos contidos impartidos en clases non prácticas (30% da nota). Esta proba está prevista para a metade do cuadrimestre no que se imparte a materia e tal e como establece o artigo 20 da “Normativa de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado”, realizarase durante o período lectivo do centro. 
  • Segunda proba escrita dos contidos impartidos en clases non prácticas (40% da nota). Esta proba realizarase na data oficial fixada polo centro para realizar a avaliación global da materia e nos espacios habilitados polo centro.

No caso de que o alumno/a non acade este mínimo na primeira proba de avaliación continua, poderá ser avaliado mediante a metodoloxía de avaliación global, manifestando por escrito a súa renuncia á avaliación continua.

Para superar a materia en Primeira Oportunidade mediante avaliación continua, deberá acadarse un mínimo do 40% en cada un dos 3 ítems anteriormente descritos e acadar unha nota total igual ou superior a 5 (escala de 0 a 10). De non cumprirse este requisito, a nota que figurará na acta nunca poderá ser superior a un "4,9" (escala de 0 a 10). 

SEGUNDA OPORTUNIDADE (examen de xullo):

Aqueles alumnos que na Primeira Oportunidade fosen avaliados pola modalidade de avaliación continua, se así o desexan, poderán manter a cualificación do apartado 1). Neste caso, avaliaranse mediante unha proba escrita, sobre os contidos impartidos nas clases teóricas. A proba representará o 70 % da nota final, sendo necesario acadar un mínimo do 40 %, de xeito que a nota desta proba se pode sumar á obtida no apartado 1). Esta proba realizarase na data oficial fixada polo centro. 

MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL

Para superar a materia mediante avaliación global, deberá acadarse unha nota total igual ou superior a 5 (escala de 0 a 10). De non cumprirse este requisito, a nota que figurará na acta nunca poderá ser superior a un "4,9" (escala de 0 a 10).

De igual modo que na avaliación continua, o exame componse dunha parte que inclúe os contidos das clases prácticas (30%) e das clases non prácticas (70%). O mínimo en cada unha das dúas partes debe ser o 40% da nota.  

Estas probas desenvólvense nas datas oficiais establecidas polo centro e nos espazos habilitados.

Compromiso ético: prevese que o alumno presente un comportamento ético adecuado, tal e como recollen os artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado, aprobado no Claustro de abril. 18, 2023. No caso de detectar comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de aparellos eléctricos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota global deste curso académico será de suspenso (0,0). 

AVISO: En caso de discrepancias entre as distintas versións lingüísticas da guía, prevalecerá o que figura na versión en castelán.