A
nota final da materia obterase como media ponderada das notas das probas de
avaliación. Para aprobar a materia e necesario obter un mínimo do 50% da nota
máxima. Para poder facer a media e necesario obter un mínimo do 40% da nota
máxima en cada parte. Se non alcanzase o limiar mínimo (40%) nalgunha das partes, a nota final da materia
será de suspenso e o valor numérico calcularase multiplicando por 0,53 a nota
obtida ca media ponderada. (aclaración
sobre o coeficiente: obtense de dividir 4,99 (máxima nota do suspenso) entre
9,39 (máxima nota da media ponderada que se pode obter suspendendo a materia (prácticas=10;
Desenvolvemento=10; obxectivas=3,9 nota= 10*(5/10)+10*(4/10)+3,9*(1/10)=9,39
)). Na
segunda convocatoria non será necesario presentarse as partes aprobadas. A
avaliación dos alumnos que teñan que presentarse a segunda convocatoria do
curso académico realizarase: -
Co exame final: Nesta proba xuntaranse preguntas obxectivas e preguntas de de desenvolvemento. Avaliarse o coñecemento
dos conceptos teóricos e a capacidade de resolver problemas. -
Co exame de prácticas. Este exame consistirá na realización dunha das tarefas
especificadas no conxunto de enunciados de prácticas realizadas durante o
curso. A
nota final obterase cos mesmos criterios especificados para o cálculo da nota
da primeira convocatoria. O
alumnado de avaliación non continua será avaliado por medio dun exame final de
coñecementos teóricos e resolución de problemas e un exame de Prácticas. O peso
e os criterios de avaliación son os mesmos que na avaliación continua. Compromiso
ético: Esperase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros), considerarase que o alumno
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
avaliación global no presente curso académico será de suspenso (0.0) |