Esta materia aborda o interese da nanociencia e a nanotecnoloxía no desenvolvemento da nanoterapia física e de produtos sanitarios con prestacións avanzadas. A nanoterapia física busca axuntar as técnicas de diagnóstico e de terapia física aplicando radionúclidos, luz, electricidade ou magnetismo, entre outras, coas capacidades de acceso aos tecidos que teñen os nanotransportadores. En paralelo, a incorporación de nanoestructuras e o deseño de materiais nanoestructurados poden mellorar e ampliar considerablemente as prestacións dos produtos sanitarios de implantación (sondas, catéteres, stents, implantes cocleares, lentes de contacto,…).