Introdución ao estado da arte da nanoelectrónica con clases expositivas sobre os principios básicos do funcionamento de diferentes dispositivos electrónicos que incorporan nanomateriais e nanoestructuras. Explicaranse as características máis relevantes de nanomateriais e nanoestructuras usados nestes dispositivos, as principais técnicas que permitan a súa modelización e a súa fabricación mediante técnicas avanzadas. Estes coñecementos combinaranse con clases prácticas de fabricación e caracterización de materiais e estruturas en sala limpa ISO-7 e da súa modelización mediante software especifico de simulación.