Guia docente 2025_26
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Ampliación de química analítica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2025_26
Materia Ampliación de química analítica Código V11G201V01406
Titulación
Grao en Química
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Química analítica e alimentaria
Coordinador/a
González Romero, Elisa
Correo-e eromero@uvigo.es
Profesorado
González Romero, Elisa
Web http://quimica.uvigo.es/gl/
Descrición xeral Nesta materia descríbense (en 4 temas principais) os aspectos máis novos da Química Analítica baseados nas tendencias e avances na análise (tema 1), o bioanálise (tema2), os sensores químicos e biosensores (tema 3), a automatización e miniaturización (tema 4) e a validación de metodoloxías (tema 5). O tema 6 está dedicado ao deseño de dispositivos coa descrición de como se fabrican e como funcionan as diversas configuracións que están comercializadas (aspecto que se porá en práctica nos talleres). Con todo iso, os estudantes poderán completar a súa formación e integrar os coñecementos adquiridos sobre Química Analítica, proporcionándolles unha visión máis ampla e moi actual que lles permitirá abordar a resolución de problemas analíticos reais en áreas de especial interese como a clínica, a biomedicina, as ciencias forenses, o medio ambiente, a industria, tanto a farmacéutica como a alimentaria, etc. Farase especial fincapé na versatilidade que presentan estas técnicas como ferramenta para resolver problemas nas áreas de aplicación mencionadas, xa sexa levado a cabo a análise nos laboratorios químicos (análise centralizada que implica transporte e almacenaxe da mostra e onde toma especial relevancia a automatización para reducir erros) ou directamente no lugar de recollida de mostra (análise "in situ" ou descentralizado debido ás vantaxes da miniaturización e, por tanto, nos dispositivos considérase a portabilidade, o fácil manexo e a rapidez de resposta, en especial, cos que se aplican como métodos de cribado).
Con todo iso, preténdese que o estudante poida adquirir a suficiente destreza, en primeiro lugar, no manexo das fontes de documentación bibliográfica e, en segundo lugar, no coñecemento necesario sobre os principios ou fundamentos das diferentes metodoloxías que se expoñen e que deron lugar a diversos dispositivos comerciais, de forma que poida aplicar a metodoloxía analítica na resolución de problemas reais.

Materia do programa English Friendly: os/as estudantes internacionais poderán seguir as clases sen dificultade pois, tanto o material visual (presentacións en PowerPoint) como a bibliografía recomendada, preséntase en tamén en inglés, ademais de ter á súa disposición outro material de apoio para o seguimento da materia en inglés e de poder solicitar ao profesorado calquera outro material ou referencias bibliográficas adicionais nese idioma. Atenderanse as intervencións en clase, as tutorías e a realización das probas e avaliacións tamén en inglés.

Materia Ofertada para o Programa de Maiores; aos estudantes deste programa que cursen esta materia, facilitaráselles material de apoio en español (libros de texto, monografías, artigos, etc.) para que poidan seguir con fluidez os contidos, ademais de dispor da bibliografía recomendada e a complementaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000