Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Ampliación de química analítica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Para a avaliación desta actividade, o profesor proporá a resolución e entrega por parte do alumno dalgúns problemas, exercicios e/ou cuestionarios en clases de seminario. 5 A1
A3
B4
C30
D1
Prácticas de laboratorio O profesor realizará o seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio a través da observación e a entrega dos resultados obtidos (informe de
laboratorio).

A asistencia ás sesións de laboratorio é obrigatoria. A falta a algunha sesión de laboratorio deberá ser debidamente xustificada.
15 A1
A3
B4
C30
D1
Exame de preguntas obxectivas Efectuarase un primeiro exame sobre a metade da materia aproximadamente.

Este exame poderá consistir en cuestións de resposta curta, problemas e preguntas de tipo test.

A presentación a este exame inhabilita ao alumno para obter a
cualificación de non presentado.

Este exame eliminará materia si o alumno obtén unha puntuación
mínima de 5 puntos sobre 10.
40 A1
A3
B4
C30
D1
Exame de preguntas obxectivas Este exame final é obrigatorio.

Os alumnos que aproben a primeira parte examinaranse da segunda parte do temario.

Este exame poderá consistir en cuestións de resposta curta, problemas e/ou preguntas de tipo test.

A presentación a este exame inhabilita ao alumno para obter a cualificación de non presentado.

Os alumnos que non superen a primeira parte terán que examinarse tamén da primeira parte do temario (40% da nota final).
40 A1
A3
B4
C30
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segunda oportunidade (Xullo):

Conservaranse as cualificacións obtidas polo estudante durante o curso nas prácticas de laboratorio e nos seminarios (20 % da cualificación).

O alumnado poderá recuperar ambos exames.

O alumno que o desexe poderá optar pola avaliación global.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000