As datas oficiais dos exámenes actualizadas e aprobadas pola Xunta de Facultade poden consultarse en: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/ A cualificación final da materia será a suma da nota obtida en cada unha das metodoloxías propostas, sempre e cando a cualificación de cada unha delas sexa superior ó 40% da nota. Prácticas: no caso de ausencias non xustificadas superiores ao 20% non se terá dereito a recuperación desta metodoloxía na segunda oportunidade. No caso de non acadar o 40% da nota do exame de prácticas, o alumnado terá dereito a realizar outro exame de prácticas na segunda oportunidade. Aprendizaxe colaborativa: no caso de non acadar o 40% da nota nos traballos colaborativos, o alumnado terá dereito a presentar novos traballos na segunda oportunidade. Seminarios: no caso de ausencias non xustificadas non se terá
dereito a recuperación desta metodoloxía na segunda oportunidade. Lección maxistral: na segunda oportunidade o exame final valerá 5 puntos (50%); non teranse en conta as probas de seguimento (avaliación continua) que realízanse ao longo do curso. O exame constará dunha parte tipo test similar as probas de seguimento e outra parte de respostas curtas. Na convocatoria de xullo o estudante deberá presentarse solamente a aquelas metodoloxías non superadas. Considerarase a cualificación de NON PRESENTADO ó alumnado que non se presente nin o examen final de teoría nin ó de prácticas. Dun curso para o seguinte conservaranse as cualificacións dos seminarios e os traballos tutelados. Opción de avaliación global A avaliación global constará dunha proba escrita dos contidos teóricos (50% da cualificación) e dos seminarios (normativa europea de etiquetado de peixes e mariscos e zonación do intermareal rochoso en Galicia) (25%), seguido dun examen no laboratorio de prácticas no que se avaliarán os coñecementos e destrezas do alumnado nos contidos prácticos da materia (25%). A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade). Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente e poderá supor suspender a asignatura durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para que, no caso de reincidencia, se solicite no rectorado a apertura dun expediente disciplinario.
|