Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola *COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determínen, atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo estudantado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
As clases maxistrais e parte das de seminario impartiranse a través do campus remoto ou como gravacións con link na plataforma de docencia correspondente a Universidade de Vigo.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Parte das clases de seminario poderán substituírse por material depositado na plataforma correspondente.

Si non se puidesen realizar as prácticas de laboratorio serían substituídas por vídeos, prácticas virtuais, exercicios ou memorias a elaborar. Neste caso propocionaríanse os datos experimentais das prácticas e eles deberán elaborar o correspondente informe.

* Mecanismo non presencial de atención ao estudantado (titorías)
Planificouse xa que esta atención sexa mediante un sistema de cita previa por email, puidendo realizarse de maneira virtual.

* Modificacións (se proceden) dos contidos a impartir
Tentarase non modificar os contidos.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Ningunha. Prevese que o estudante pode utilizar os textos recomendados como básicos para adquirir todos os coñecementos impartidos.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Si só se puidése realizar presencialmente a proba curta, o seu peso incrementaríase ata o 40% (en lugar do 32.5% previsto na guía).

Se non fose posible realizar a primeira proba presencialmente, sería suprimida e celebraríase exclusivamente un exame final (sexa este presencial ou non presencial).

No caso de que as prácticas de laboratorio non se puidesen realizar presencialmente o seu peso reduciríase á metade do previsto na guía e incrementaríase o dos exercicios propostos e outras actividades autónomas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000