Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Para cada tema ou bloque de temas, o alumnado, de xeito individual, resolverá un problema ou exercicio a proposta do profesorado que entregará para ser avaliado.

A asistencia a clase valorase positivamente.
15 A1
A5
C1
C6
D1
D2
Prácticas de laboratorio Puntúase aquí xunto co esforzo e a actitude, as destrezas e as competencias desenvolvidas polo alumno durante a realización das distintas prácticas.
A asistencia ás sesións de prácticas é obrigatoria e, polo tanto, non é posible aprobar a materia no caso de non terse realizado.

- Poderanse avaliar as competencias adquiridas mediante unha proba oral ou escrita.
15 A1
A5
B3
B4
C1
C6
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Primeira proba. A data da proba será consensuada co alumnado, na medida do posible, que será posterior ao remate do tema 2. A avaliación será a través de cuestións de teoría e resolución de exercicios.
15 A1
A5
C1
C6
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Probas tipo test autoavaliable que os estudantes deben resolver de forma individual, a través da plataforma MOOVI. 15 A1
A5
C1
C6
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Segunda proba a realizar na data do examen oficial. Os contidos avaliados serán todos os da materia. A avaliación será a través de cuestións de teoría e resolución de exercicios. 40 A1
A5
C1
C6
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para superar a materia son requisitos imprescindibles a asistencias ás prácticas de laboratorio e acadar unha cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10 na segunda proba. No caso de non acadar a devandita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta será únicamente a cualificación deste exame, non contabilizándose ningún dos demais apartados.
A non asistencia ás prácticas de laboratorio (sen xustificar) suporá a calificación de suspenso na acta.

A cualificación global na acta será a suma ponderada das probas (55%), as prácticas de laboratorio (15%), os test de autoevaluación (15%) e os Seminarios (15%)). O cómputo das metodoloxías avaliables: prácticas de laboratorio (15%),  test de autoevaluación (15%) e Seminario (15%) será efectivo sempre e cando se obteña unha puntuación mínima, en cada unha delas, de 3.5 puntos.
A realización dalgunha proba avaliable, implicará a condición de "presentado" e, polo tanto, a asignación dunha cualificación de acordo co recollido nesta guía docente.

Para saber datas das Probas de Avaliación:  http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Segunda oportunidade:

Para a avaliación na segunda convocatoria, manteranse as cualificacións e as porcentaxes das prácticas de laboratorio, dos tests e de Seminario. O exame global nesta convocatoria ponderará un 55%. Para aprobar a materia nesta convocatoria, será necesario acadar unha cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10 no exame global, no que se evaluarán todos os contidos da materia.

Para saber datas das Probas de Avaliación:  http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Opción de avaliación global

A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade). Para superar a materia nesta modalidade deberá realizar e superar a avaliación das Prácticas de Laboratorio (15% da nota global) con cualificación igual ou superior a 4 puntos sobre 10. Ademais, deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 nunha proba na que se avaliarán todos os contidos da materia, que contará o 85% da nota final, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria. 

Outras consideracións:

Requírese do estudiantado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso académico completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para, en caso de reincidencia, solicitar á reitoría a apertura dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000