Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química I
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B3 Recoñecer e implementar boas prácticas de medida e experimentación, e traballar de maneira responsable e segura tanto en campaña como en laboratorio.
B4 Xestionar, procesar e interpretar os datos e información obtidos tanto en campo como en laboratorio.
C1 Coñecer a un nivel xeral os principios fundamentais das ciencias: Matemáticas, física, química, bioloxía e xeoloxía.
C6 Adquirir os fundamentos e a terminoloxía dos procesos químicos.
D1 Desenvolver a capacidade de procura, análise e síntese da información orientada á identificación e resolución de problemas.
D2 Adquirir a capacidade de aprender de forma autónoma, continua e colaborativa, organizando e planificando tarefas no tempo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000