Resolución de problemas |
Ao longo do curso, o alumnado deberá resolver un BOLETÍN DE PROBLEMAS, os cales se traballan previamente na aula, que será avaliado até un máximo de 2 puntos sobre 10 da nota global.
Avalía os resultados de aprendizaxe: 1) Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación; 2) Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas; 3) Coñecer os aspectos clave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación. |
20 |
|
|
C10 C14
|
D12
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
A destreza na resolución de problemas de carácter práctico (dimensionamiento de equipos, cálculos de recuperación e leis en procesos de clasificación e de separación) avalíase mediante unha proba escrita que ten un peso de 3 puntos sobre 10.
Avalía os seguintes resultados de aprendizaxe: 1) Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro; 2) Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos; 3) Coñecer os aspectos clave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación. 4) Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas |
30 |
A2
|
|
C10 C14
|
D12
|
Avaliación continua (EC), primeira convocatoria. Nesta modalidade, as actividades para realizar son: - avaliación dos contidos de lección maxistral a través de cuestionarios tipo test realizados durante todo o cuadrimestre (2 puntos). Para que esta actividade compute na avaliación, débese obter polo menos 1.2 puntos sobre 2.
- entrega de boletín de problemas segundo o traballado en aula durante todo o cuadrimestre (2 puntos). Para que esta actividade compute na avaliación, débese obter polo menos 1.2 puntos sobre 2.
- asistencia a prácticas de laboratorio (fixadas en calendario) con entrega de exercicio resolto (1 punto).
- resolución de exercicio práctico (estudo de casos) sobre cálculo de cocientes (2 puntos).
- resolución de exercicios de dimensionamiento de equipos, cálculo de rendementos en procesos de clasificación e de concentración (exame de preguntas de desenvolvemento) (3 puntos).
A actividade 5 realízase na data oficial de avaliación ordinaria. Avaliación continua (EC), segunda oportunidade Lévase a cabo nos mesmos termos que a EC en primeira oportunidade, salvo o que respecta a: - Prácticas de laboratorio. Ao tratarse de sesións fixadas en calendario, non é posible repetilas. Se non se asiste nas datas oficiais (e non se xustifica a non asistencia), ofrécese a posibilidade de entregar igualmente o exercicio realizado pero a non asistencia (sen xustificación) penaliza a nota desta actividade en 0,5 puntos.
- Cuestionarios tipo test e boletín de problemas: se non se alcanza a nota mínima de 1,2 puntos nalgunha destas dúas actividades, ofrécese a oportunidade de repetir as entregas para superar a nota mínima.
- O exercicio práctico (estudo de casos) sobre cálculo de cocientes (2 puntos) poderase entregar previamente á data oficial de exame en segunda oportunidade ou ser avaliada en dita data oficial xunto co exame de preguntas de desenvolvemento.
Avaliación global (EG), primeira e segunda oportunidades: O
alumnado pode renunciar á avaliación continua, o que deberá comunicar
canto antes ao profesorado respectando os prazos indicados na normativa
vixente. Se se renuncia á EC, o alumnado será avaliado na data oficial
de avaliación mediante unha proba escrita que cubra todos os contidos da
materia. As datas e os lugares do exame pódense consultar na páxina web do centro: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames |