Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Concentración de Minerais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Na avaliación terase en conta a asistencia ás prácticas de laboratorio e o aproveitamento das mesmas, a través da entrega dun boletín da experiencia e a corrección do mesmo. A nota desa metodoloxía será como máximo de 1 punto sobre 10.

Avalía os seguintes resultados de aprendizaxe:

- Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro.
- Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos.
- Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación.
10 C10
C14
Resolución de problemas Ao longo do curso, o alumnado deberá resolver un BOLETÍN DE PROBLEMAS, os cales se traballan previamente na aula, que será avaliado até un máximo de 2 puntos sobre 10 da nota global.

Avalía os resultados de aprendizaxe: 1) Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación; 2) Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas; 3) Coñecer os aspectos clave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación.
20 C10
C14
D12
Lección maxistral Os contidos teóricos impartidos na aula durante o curso son avaliados mediante cuestionarios tipo test e mediante a resolución de casos prácticos. A puntuación máxima que pode alcanzarse é un 2 sobre 10.

Avalía a adquisición do coñecemento sobre os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro e as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos.
20 C10
C14
D12
Exame de preguntas de desenvolvemento A destreza na resolución de problemas de carácter práctico (dimensionamiento de equipos, cálculos de recuperación e leis en procesos de clasificación e de separación) avalíase mediante unha proba escrita que ten un peso de 3 puntos sobre 10.

Avalía os seguintes resultados de aprendizaxe: 1) Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro; 2) Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos; 3) Coñecer os aspectos clave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación. 4) Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas
30 A2
C10
C14
D12
Estudo de casos A destreza no cálculo de cocientes e no razoamento dos resultados obtidos a partir de diferentes supostos ou casos de estudo avalíase mediante unha proba obxectiva que ten un peso na avaliación final de 2 sobre 10.

Avalíanse o resultados de aprendizaxe 3) coñecer os aspectos clave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación e 4) adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas
20 A2
C10
C14
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua (EC), primeira convocatoria.

Nesta modalidade, as actividades para realizar son:

  1. avaliación dos contidos de lección maxistral a través de cuestionarios tipo test realizados durante todo o cuadrimestre (2 puntos). Para que esta actividade compute na avaliación, débese obter polo menos 1.2 puntos sobre 2.
  2. entrega de boletín de problemas segundo o traballado en aula durante todo o cuadrimestre (2 puntos). Para que esta actividade compute na avaliación, débese obter polo menos 1.2 puntos sobre 2.
  3. asistencia a prácticas de laboratorio (fixadas en calendario) con entrega de exercicio resolto (1 punto).
  4. resolución de exercicio práctico (estudo de casos) sobre cálculo de cocientes (2 puntos).
  5. resolución de exercicios de dimensionamiento de equipos, cálculo de rendementos en procesos de clasificación e de concentración (exame de preguntas de desenvolvemento) (3 puntos).

A actividade 5 realízase na data oficial de avaliación ordinaria.

Avaliación continua (EC), segunda oportunidade

Lévase a cabo nos mesmos termos que a EC en primeira oportunidade, salvo o que respecta a:

  • Prácticas de laboratorio. Ao tratarse de sesións fixadas en calendario, non é posible repetilas. Se non se asiste nas datas oficiais (e non se xustifica a non asistencia), ofrécese a posibilidade de entregar igualmente o exercicio realizado pero a non asistencia (sen xustificación) penaliza a nota desta actividade en 0,5 puntos.
  • Cuestionarios tipo test e boletín de problemas: se non se alcanza a nota mínima de 1,2 puntos nalgunha destas dúas actividades, ofrécese a oportunidade de repetir as entregas para superar a nota mínima.
  • O exercicio práctico (estudo de casos) sobre cálculo de cocientes (2 puntos) poderase entregar previamente á data oficial de exame en segunda oportunidade ou ser avaliada en dita data oficial xunto co exame de preguntas de desenvolvemento.

Avaliación global (EG), primeira e segunda oportunidades:

O
alumnado pode renunciar á avaliación continua, o que deberá comunicar
canto antes ao profesorado respectando os prazos indicados na normativa
vixente. Se se renuncia á EC, o alumnado será avaliado na data oficial
de avaliación mediante unha proba escrita que cubra todos os contidos da
materia.

As datas e os lugares do exame pódense consultar na páxina web do centro: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000