Prácticas con apoio das TIC |
Abordaranse algún método básico de resolución de problemas asociados ao axuste de bombas, aplicación das leis de semellanza e cálculo de instalacións e redes empregando programas de cálculo xenéricos: folla de calculo e/ou software de matemáticas. A licenza dos mesmos será GNU GPL, ou comercial subvencionada pola escola/universidade. |
Resolución de problemas |
O profesorado propón ao alumnado unha serie de problemas para tentar a súa resolución e a participación colectiva de toda a clase |