Existen dous sistemas de avaliación excluintes: 1) o sistema de avaliación continua e 2) o sistema de avaliación non continua. En calquer caso a entrega de calquera práctica puntuable implica automáticamente a elección do sistema de avaliación continua. 1) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA A nota obtida polo alumno nas distintas actividades presenciais, a
excepción da proba final, terá vixencia para as convocatorias ás que da
dereito a matrícula de cada curso académico. As actividades de
avaliación continua só se poderán entregar nas datas e sesións
establecidas; ademáis poderanse facer probas de avaliación continua o
longo do cuadrimestre. A concreción das
actividades a realizar dependerá en gran medida do número de
alumnos así como da dispoñibilidade de medios. Os exames das
convocatorias ordinarias e extraordinarias desta materia terán lugar na
data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias
Xurídicas e do Traballo. 2) SISTEMA DE AVALIACIÓN NON CONTINUA Os alumnos que elixan a avaliación non continua deben comunicar por escrito a súa elección nas tres primeiras semás do cuadrimestre académico no que se imparte a materia e cuia recepción debe ser confirmada polo profesor/a. Dado que deben posuir o mesmo nivel competencial que os alumnos de avaliación continua o seu proceso de avaliación
consistirá nun examen final, a realizar nas datas establecidas
polo decanato para as distintas convocatorias, que consistirá nunha
prueba escrita de carácter teórico e práctico sobre os contidos
tratados tanto nas clases teóricas como nas prácticas e que
representará o 100% da nota final. Os exames das convocatorias
ordinarias e extraordinarias desta materia terán lugar na data, hora e
lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do
Traballo. IIMPORTANTE: O calendario de exames
publícase ó inicio do curso polo Decanato da Facultade de Ciencias
Xurídicas e do Traballo, pero dito calendario pode ser modificado ao
longo do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da
facultade, por se hai cambios. RELACIÓN DE BOAS PRÁCTICAS: 1. Non está permitido
facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tablets ou
similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás
autorización expresa do profesor/a. 2. Non está permitido comer nin beber (agás auga) na clase. 3. É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento. 4. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas. 5. Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora. 6.
O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co
D.N.I, pasaporte ou carné de conducir, non sendo válido outro documento. 7. Tódolos exames e probas puntuables deberán ser entregados a súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula. 8. A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesor/a. No
caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá
adoptalas medidas que estime oportunas. |