1.- O sistema de avaliación será o de
avaliación continua (ata 6 puntos) mais exame final (ata 4 puntos). 2.- A estes efectos, ao longo do curso
encomendaranse ao alumnado distintos traballos e actividades prácticas
relacionadas coas materias propias da asignatura, que ten dous bloques
temáticos claramente diferenciados: sociedades mercantís e cooperativas. 3.- Os seminarios e actividades prácticas
no ámbito das sociedades mercantís serán valorados con un máximo de 3 puntos.
Os seminarios e actividades prácticas no ámbito das sociedades mercantís serán
valorados con un máximo de 3 puntos. Ningunha das probas e actividades terá
asignada unha puntuación superior a 4 puntos. 4.- Para acollerse ao sistema de
avaliación continua o alumno/a terá que asistir regularmente a clase. Para
estes efectos, realizaranse controis aleatorios de asistencia e considerarase
que un alumno/a incumpriu este requisito se acumula máis de dúas faltas de
asistencia sen xustificar. 5.- Para superar a materia mediante o
sistema de avaliación continua, o alumnado terá que obter un mínimo de 1,5
puntos en cada un dos dous bloques temáticos. 6.- Entenderase que un alumno/a acóllese
ao sistema de avaliación continua cando realice algunha das probas ou
actividades programadas. Non resulta posible renunciar á avaliación continua
unha vez realizada algunha das probas ou actividades. 7.- O alumnado que non se acolla ao
sistema de sistema de avaliación continua terá que realizar un exame final, que
combinará preguntas teóricas e prácticas, ao que lle asignará o 100% da nota. 8.- Para unha maior concreción das actividades de carácter práctico,
remitimos ao alumnado ao cronograma da asinatura que estará disponible en Moovi
ao comenzo do cuadrimestre. 9.- Datas dos exames: As aproba a Xunta de Facultade e publica na web da
Facultade. |