Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Economía laboral
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Primeiro exame parcial
33.33 A2
B1
B2
C25
Exame de preguntas obxectivas Segundo exame parcial 33.33 A2
B1
B3
C25
Exame de preguntas obxectivas Terceiro exame parcial 33.34 A2
B1
B3
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todas as probas incluirán tanto
teoría como práctica.

1. Os estudantes poderán elixir
na primeira convocatoria entre os sistemas de avaliación continua
e global.

a) A avaliación continua
consistirá na realización ao longo do curso de tres probas parciais. Nesta
modalidade non haberá exame final.

Ao presentarse á segunda ou á terceira proba
parcial, o estudante confirma a elección deste sistema de avaliación, renunciando expresamente á globa
l.

Para superar a materia será
preciso obter un mínimo de 5/10 de media nas tres probas parciais cun mínimo dun 3/10 en cada unha delas. 

A
nota final dos estudantes que non superen a materia por parciais será a nota
media das probas ás que se presentaran, figurando como Suspenso.

b) A avaliación global
consistirá unicamente dun exame final a realizar na data oficial sinalada
no calendario de exames.

2. Nas restantes
convocatorias
(segunda e fin de carreira), unicamente será posible a
avaliación global. 

O calendario oficial de exames publícase na web da facultade (https://fccxxt.uvigo.es/)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000